9 de xuño, data clave para o futuro do Peixe Galego na LEB Ouro
Por Diego Espiño
Despois de conseguir un histórico ascenso na pista, o Marín Peixe Galego afronta agora unha carreira contra o reloxo nos despachos para poder competir a próxima tempada na LEB Ouro, segunda categoría do baloncesto nacional.
O club marinense ten de prazo ata o 9 de xuño para inscribir ao equipo, segundo o establecido pola Federación Española de Baloncesto. Nesa data, a entidade 'peixe' debe afrontar unha inscrición de 36.000 euros (o pasado ano en prata era de 20.000) e un aval de 180.000 euros, o triplo que o pasado curso.
A situación obriga a un grande esforzo a un club que esta campaña manexaba un orzamento similar ao aval que se lle esixe. Con todo o seu presidente, Luis Santiago, afirma que "creo que se puede conseguir, vamos a intentarlo por todos los medios", polo que sen perder tempo ten previsto iniciar "negociaciones para buscar sponsor y asegurar la continuidad de los que ya tenemos".
Luis Santiago: "No me imagino el equipo sin Javi Llorente"
Ademais Santiago confirma que preparan unha campaña de socios "que vamos a empezar ya" para aproveitar o tirón do ascenso e asegurarse uns ingresos importantes que axuden a pagar a inscrición en LEB Ouro.
Despois afrontarase a parte deportiva, na que a idea é "mantener un 60-70% del equipo", no que "nos gustaría contar con gente de Galicia o con pasado en el Peixe", recoñece. E todo iso con Javi Llorente no banco, porque "no me imagino el equipo sin Javi, es por donde se empezará a construir la plantilla", sinalou o presidente Peixe.
Precisamente o adestrador, Javi Llorente, e dous dos heroes do ascenso, Álex Navajas e Carlos Noguerol, son os protagonistas desta semana en La Trastienda, faladoiro deportivo de PontevedraViva Radio.
Relacionadas:
-
Javonte Green, MVP da tempada na LEB Prata
Por Redacción |
-
Un convenio a tres anos para converter Marín no centro do baloncesto galego
Por Diego Espiño |
-
Marín Peixe Galego despide a tempada do ascenso con derrota ante Clínicas Rincón (70-78)
Por Redacción |
-
Derrota intranscendente do Peixe Galego na cancha do Sammic (65-61)
Por Redacción |
-
Javi Llorente seguirá como adestrador 'peixe' unha tempada máis
Por Redacción |
-
Marín Peixe Galego culmina unha tempada máxica co ascenso a LEB Ouro tras derrotar a Morón (83-68)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Javi Llorente, tras o ascenso do Peixe: "Se ha ganado más por corazón que por táctica"
Por Ramiro Espiño |