CGTD, Pazo da Cultura e Alameda serán os tres núcleos operativos do ITU Multisport Festival
Por Redacción
Conforme se achega o evento, a organización dos campionatos do Mundo de tríatlon, o ITU Multisport Festival que acollerá Pontevedra en 2019 empeza a tomar forma.
Tras as últimas reunións celebradas, avanzáronse diversos aspectos, empezando pola seguridade e seguindo co despregamento que se fará notar por toda a cidade.
Neste aspecto tres serán os centros neurálxicos dos campionatos, que se celebrarán entre o 27 de abril e o 5 de maio: o Pazo da Cultura, o Centro Galego de Tecnificación Deportiva e a Alameda.
No primeiro destes lugares, o Pazo da Cultura, terán o seu espazo os servizos da Unión Internacional de Tríatlon (ITU), mentres que no CGTD estarán todos os servizos operativos do ámbito deportivo como os xuíces, organización, loxística ou comunicación.
Por último o máis visible para os veciños da Boa Vila será o despregamento previsto en pleno centro da cidade, na Alameda, entendendo por iso tamén Praza de España e Montero Ríos. Alí instalarase unha carpa que acollerá a vila do triatleta e os espazos de recepción, retirada de dorsais e outros servizos. Tamén nesa zona desenvolverase o programa de lecer e a maior parte dos espectáculos, así como as cerimonias de inauguración e clausura.
Relacionadas:
-
Máis de 600 triatletas nacionais inscribíronse xa para o ITU Multisport Festival de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Gómez Noya, Pablo Dapena e Saleta Castro, na preselección española para o ITU Multisport Festival de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Toda a información do ITU Mulstisport Festival de tríatlon, en 13 infografías
Por Diego Espiño |
-
O Concello de Pontevedra distribuirá de balde o seu calendario a partir do luns
Por Redacción |
-
Voluntarios portugueses completarán o dispositivo do ITU Multisport Festival de tríatlon
Por Redacción |
-
Sen días libres na Policía Nacional durante os mundiais de tríatlon para "tener la plantilla al 100%"
Por Diego Espiño |
-
Perfilados os dispositivos de seguridade e mobilidade para o ITU Multisport Festival
Por Redacción |
-
O dispositivo de seguridade e mobilidade dos mundiais de tríatlon, a exame
Por Alejandro Espiño |
-
150 días e descontando para o gran evento deportivo de 2019, o Festival Multideporte de tríatlon
Por Redacción |