O Cisne apontoa a súa defensa coa fichaxe de Iván Calvo
Por Manu Otero
O Cisne terminou a pasada tempada como un dos equipos máis anotadores da categoría, pero tamén como un dos que máis tantos encaixa. Para corrixir este problema foi presentado esta tarde novo especialista defensivo do cadro pontevedrés, Iván Calvo. "Todos no club, tanto o adestrador como a directiva, tiñamos claro que esta fichaxe era fundamental. Jabato veo clave para mellorar o xogo, é unha aposta importante", declarou o presidente da entidade lerezana, Santi Picallo.
A pesar da súa mocidade, ten 21 anos, desde o Cisne destacan a experiencia e progresión dun xogador que disputou a fase de ascenso a División de Honra Prata esta recentemente terminada tempada co Lavadores e que xa destacou como xuvenil no Xiria de Carballo.
"O Cisne era a miña mellor opción", declarou a nova fichaxe despois de pousar coa camiseta do seu novo equipo. Competir nunha categoría superior era un obxectivo do pivote, que ve na unión e o bo ambiente do vestiario do Cisne una das maiores virtudes do club e que lle axudará a integrarse canto antes.
A chegada de Calvo cubrirá, segundo o mandatario cisneísta, a saída do brasileiro Igor dos Santos que deixará de formar parte do persoal do club a próxima tempada para seguir competindo no seu país. Desde a directiva confían en renovar os contratos da maior parte dos xogadores do persoal, aínda que son conscientes de que, ademais das fichaxes de Iván Calvo e David Chapela, haberá máis incorporacións.
"Fixemos un equipo moi xoven que foi madurando e moi pronto estarán non seu pico de rendemento", argumentou Picallo para avalar a súa intención de renovar á maior parte do equipo.
A competitividade da categoría e o feito de que o cuarto peor clasificado dispute un play-off pola permanencia preocupan tamén na cúpula do Cisne. "Asusta un pouco", declarou Picallo quen lamenta a falta de patrocinadores e recursos económicos no balonmán pontevedrés. "O obxectivo será un ano máis, conseguir a permanencia", sentenciou sobre a meta do Cisne para o próximo curso.
Relacionadas:
-
Jorge Villamarín continurá defendendo a portería cisneísta un ano máis
Por Sofía Lorenzo |
-
O 'último' servizo de Pablo Picallo ao Cisne
Por Redacción |
-
José Leiras, décimo xogador confirmado para o novo proxecto do Cisne
Por Redacción |
-
Álvaro Preciado dá continuidade ás renovacións no Cisne
Por Redacción |
-
Andrés Sánchez, a piques de sumar máis dunha década no Cisne
Por Sofía Lorenzo |
-
O Cisne pecha a fichaxe de Iván Calvo e prepara unha xornada de captación para a súa base
Por Redacción |
-
Javi Vázquez, toda unha vida no Cisne
Por Redacción |
-
Daniel Ramos sela a súa renovación co Cisne
Por Redacción |
-
O Cisne segue dando pasos no seu novo proxecto coa renovación de Pablo Gayoso e Álex Chan
Por Redacción |
-
Alejandro Conde estrea as renovacións no Cisne
Por Redacción |