O Real Madrid Castilla, unha reválida para o Pontevedra e para Luismi

Por Diego Espiño
Vencer e convencer. Ese é o obxectivo do Pontevedra Club de Fútbol este sábado (18:30 horas) na súa visita ao Real Madrid Castilla na Cidade Deportiva de Valdebebas.
Tras a estrepitosa derrota da última xornada na casa contra o Atlético de Madrid B, que fixo cambalearse o novo proxecto granate, o equipo adestrado por Luismi e o propio preparador afrontan unha auténtica reválida ante o filial madridista, sétimo clasificado cun punto máis, 10.
"La mejor manera de resarcirte es ganar", recoñece o técnico, que cre que "va a tocar sufrir" por momentos ante un rival que "suele tener mucho el balón" e que conta con moita calidade nas súas filas.
A pesar diso o Castilla adestrado por unha lenda como Raúl tamén ten puntos débiles, asegura o preparador pontevedrés, ao ser un equipo "bastante nuevo, muchos acaban de subir y necesitan un tiempo. Creo que están en ese proceso de adaptarse a la competición de la Segunda B", analizou.
Pensando nesta circunstancia "debemos ser un equipo más experimentado, poner un ritmo fuerte al partido y aprovechar los momentos que tengamos", recalcou Luismi antes de partir rumbo a Madrid.
Na expedición non viaxan os lesionados Javi López e Campillo e tampouco o canteirán Santi Figueroa, descarte do técnico, polo que a convocatoria compóñena: Edu Sousa, Brian, Nacho López, Churre, Jaouad, Pol Bueso, Álex González, Naveira, Mejía, Berrocal, Álex Fernández, N'Diaye, Romay, Álvaro Bustos, Pedro Vázquez, Javi Pazos, Adighibe e Rivera.
O colexiado do encontro será o andaluz Manuel Jesús Orellana Cid.
LUPE MURILLO, PREMIO Á XESTIÓN DEPORTIVA
Noutra orde de cousas, a presidente do Pontevedra, Lupe Murillo, foi recoñecida como "mellor xestor deportivo de Galicia" nos X Premios Galicia á Xestión Deportiva convocado pola Asociación Galega de Xestores Deportivos.
O xurado, reunido o pasado mércores 9 de outubro en Oleiros, escolleu á dirixente granate como premiada, galardón que se entregará o próximo 15 de novembro nunha gala que se celebrará en Santiago de Compostela.
Relacionadas:
-
O Pontevedra necesita os tres puntos para espantar vellas pantasmas
Por Manu Otero |
-
Luismi prepara a visita do Xetafe B "sen marxe de erro"
Por Manu Otero |
-
A odisea de empezar os partidos co marcador en contra
Por Manu Otero |
-
Un gol anulado no desconto permite ao Castilla derrotar o Pontevedra (2-1)
Por Ramiro Espiño |
-
Un mes para fichar, pero só no mercado nacional
Por Diego Espiño |
-
Confirmada a grave lesión de Javi López, que di adeus á tempada
Por Diego Espiño |
-
Luismi: "Queremos lavar nuestra imagen y que la gente vea que el Pontevedra es el de hace 15 días en Oviedo"
Por Diego Espiño |
-
Javi López fai saltar as alarmas cunha preocupante lesión no primeiro adestramento da semana
Por Diego Espiño |
-
Peche de filas nun Pontevedra que chama a "hacer piña" tras o desastre ante o Atlético B
Por Diego Espiño |
-
Desastre dun irrecoñecible e débil Pontevedra fronte ao Atlético Madrid B (1-5)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |