Pontevedra repite presenza en 2021 no calendario nacional de tríatlon
Por Redacción
Pontevedra é unha das sedes consolidadas no tríatlon nacional, tal e como demostrou ao longo dos últimos anos acollendo diferentes probas de nivel. Mesmo, a confianza da Federación Española de Tríatlon é tal que elixiu á Boa Vila como sede da primeira competición post-Covid, cun protocolo que serviu para renovar a súa actividade e celebrar despois máis eventos.
Esta relación, sempre que a pandemia o permita, vivirá un novo capítulo en 2021, e é que Pontevedra figura no calendario 2021 da Federación como unha das sedes que acollerán competicións de ámbito nacional.
Nun avance do calendario, o organismo federativo confirma a localización dalgúns dos seus campionatos, e tamén o resto de sedes da tempada, aínda que sen definir que evento acollerán.
É o caso de Pontevedra, que este 2020 ía acoller por segundo ano o Pro Tour cos mellores triatletas nacionais e que terminou recibindo o Campionato de España Sprint. Precisamente o Pro Tour é unha das posibilidades que se abren para 2021 sempre que se poida volver a organizar.
Segundo explica a Federación Española a tempada 2021 de competicións estruturarase ao redor das ligas Nacionais de Clubs de Dúatlon e Tríatlon, e os principais Campionatos de España. Neste sentido fíxanse cinco fins de semana con competicións nacionais de Tríatlon. Tres deles incluirán un total de sete xornadas de Liga Nacional de Clubs, e os outros dous os campionatos nacionais individuais. Hai catro datas confirmadas, os sábados e domingos 5 e 6 de xuño; 19 e 20 de xuño; 4 e 5 de setembro; e 25 e 26 de setembro, cunha fin de semana pendente aínda de confirmación. Así mesmo, son sedes confirmadas para estes eventos A Coruña, Aguias, Banyoles e Pontevedra, restando unha cidade máis que darase a coñecer en próximas datas.
Entre as probas xa asignadas figuran o Campionato de España de Tríatlon Media Distancia disputarase en Bilbao o 18 de setembro de 2021, e o de Longa Distancia en Platja d'Aro, Xirona, o 30 de maio.
Pola súa banda no que respecta ao dúatlon confírmanse como sedes para eventos nacionais La Nucía, Alcobendas e Avilés, mentres que os campionatos de España desta modalidade, en distancia media e curta, celebraranse en Híjar, Aragón.
Relacionadas:
-
Triatletas de todas as categorías participarán en Pontevedra no campionato de España de tríatlon sprint
Por Redacción |
-
Axustes de calendario atrasan a outubro o Nacional Sprint de Tríatlon de Pontevedra
Por Redacción |
-
Pontevedra repetirá en 2021 como sede do Nacional Sprint de tríatlon e queda sen o Pro Tour
Por Redacción |
-
Pontevedra recolle en Cáceres un premio pola organización do ITU Multisport de tríatlon
Por Alejandro Espiño |
-
A Federación e o Concello deciden que "non é o mellor momento" para celebrar na cidade o Campionato Gallego de Tríatlon
Por Redacción |
-
A FETRI poñerá a Pontevedra como exemplo para a organización competicións masivas ao aire libre
Por Redacción |
-
Anna Godoy arrasa no Nacional Sprint de Tríatlon
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Fernando Alarza cólgase o ouro no Campionato de España Sprint de Tríatlon
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |