Jesús Ramos tras a derrota ante o Zamora: "Hay que hacer algo más para ganar los partidos sino es imposible"
Por Almu Dapena
"Lo hemos intentado". Así comezou a rolda de prensa de Jesús Ramos tras a derrota do Pontevedra Club de Fútbol este sábado en Pasarón ante o Zamora.
Obrigados a sumar tres puntos para reengancharse na pelexa dun dos tres primeiros postos da táboa, o técnico granate lamenta o mal resultado do equipo. "Hemos tenido muchas veces el dominio de la pelota pero al final cuando hemos querido llegar a área no hemos sido capaces de crear ninguna ocasión", destacando unha única oportunidade de gol en todo o partido.
Ramos achaca esta ausencia de gol ao marcador en contra na primeira metade si vas con el resultado al descanso adverso, las ansiedades y las ganas de empatar corren en tu contra", e sostén que "hay que hacer algo más para ganar los partidos sino es imposible".
Aínda que o técnico non quere poñer escusas, destaca que estes malos resultados veñen sucedendo desde a lesión de Romay. "Nos ha pasado de todo. Lesiones, covid... No somos capaces de ganar aún teniendo buenos partidos y ocasiones".
Non hai tempo para lamentarse. A próxima cita do Pontevedra é este mércores, outra vez en casa, ante o Guijuelo, polo que Ramos insiste en que "no queda otra que levantarse y seguir trabajando para que la primera victoria venga rápido".
A pesar da derrota, Jesús Ramos mostrouse optimista e recoñece estar "con fuerzas" e "capacitado para seguir e intentar que el equipo gane".
Pola súa banda, o técnico do Zamora, David Movilla, destacou que o bo xogo dos seus: "exceptuando 10 o 15 minutos las sensaciones han sido buenas".
Relacionadas:
-
Jesús Ramos desvincúlase do Pontevedra
Por Manu Otero |
-
Roberto Feáns dimite como director deportivo dun Pontevedra que confirma o cesamento de Jesús Ramos
Por Diego Espiño |
-
Luisito e Rubén Albés soan con forza como candidatos a suplir a Jesús Ramos á fronte do Pontevedra
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Cume en Pasarón co futuro de Jesús Ramos no aire
Por Diego Espiño |
-
Interminable caída libre do Pontevedra, superado polo Zamora e a piques de dicir adeus á meta do ascenso (0-1)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
O Pontevedra afronta sen Churre unha "gran final" para manterse na loita pola Primeira RFEF
Por Manu Otero |
-
Toda a tempada en xogo en 8 días de infarto
Por Diego Espiño |