O Peixe Galego empeza a construír o equipo do regreso a Liga EBA

Por Manu Otero
Como o ave fénix, o Peixe Galego renace por enésima vez das súas cinzas. Despois do seu primeiro e histórico ascenso a LEB Oro, o equipo caeu directamente a liga EBA por problemas administrativos para regresar en só dous anos á antesala da ACB. A historia repetiuse e o equipo volveu caer, pero esta vez a categoría autonómica.
Sen presión pero sen renunciar a repetir o milagre, a escuadra morracense inicia a súa escalada. O curso pasado asinaron un impecable ascenso a liga EBA e a directiva atópase agora inmersa na confección dun equipo que non coñece límites.
A primeira peza do novo proxecto é Pablo Castro, o escolta formado na canteira peixiña foi un dos artífices do ascenso cunha media de 9,5 puntos por partido. Para o novo curso preséntase como unha das referencias do xogo ofensivo do Peixe, que nas próximas datas continuará anunciando renovacións e fichaxes para alimentar o soño dunha nova xesta.
— MARIN PEIXEGALEGO (@CLUBPEIXEGALEGO) August 10, 2021
O escolta canteiran Pablo Castro seguirá nas filas do Ꮇꭺꭱꮖ́ɴ CLUB BALONCESTO PEIXEFRESCO MARÍN na liga
#EBA 21/22.
Un dos artífices do ascenso a liga #eba cunha presenza importante
25 min
9.5 pts
#Forzapeixe pic.twitter.com/gRQppYwNd9
Relacionadas:
-
O estadounidense Dramell Hogan seguirá defendendo ao Peixe Galego en Liga EBA
Por Manu Otero |
-
Jacobo de Benito cumprirá a súa cuarta tempada consecutiva no Peixe Galego
Por Redacción |
-
Máis renovacións na Raña, Juan Castro competirá en EBA co Peixe Galego
Por Redacción |
-
O ala pivot Álvaro Filgueira seguirá no Peixe Galego un ano máis
Por Redacción |
-
O Peixe Galego marcha en busca de novos abonados
Por Manu Otero |
-
Andrés Santiago, nova fichaxe do Peixe Galego no seu regreso a Liga EBA
Por Redacción |
-
O Peixe Galego confirma a súa inscrición na Liga EBA
Por Redacción |
-
O Peixe Galego ascende á Liga EBA
Por Redacción |