Sanxenxo vibra co balonmán praia
Por Redacción & Cristina Saiz
A disputa do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Balonmán Praia 2022 e do primeiro torneo de Area 1.000 poñen o broche de ouro a un mes cheo de deporte en Sanxenxo.
Durante esta fin de semana, o areal de Silgar acolle un total de 329 partidos distribuídos nas oito pistas instaladas en toda a praia, onde os participantes competiron por converterse en campións de España.
Aínda que a choiva non deu tregua durante a primeira xornada, aos poucos o ceo foi despexando e deixou pasar uns cuantos raios de sol que atraeron a multitude de afeccionados que gozaron do mellor balonmán praia nacional.
A actividade comezou o venres cos primeiros partidos das fases de grupo, o sábado definiuse o percorrido dos mesmos e, o domingo, dispútase a gran final tanto do CESA como do Area 1.000, que computa dentro do Area Handball Tour que organiza a Real Federación Española de Balonmán.
Relacionadas:
-
A xira do balonmán praia galego comeza esta fin de semana en Bueu
Por Redacción |
-
Fin de semana de balonmán praia por partida dobre en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Sanxenxo devolve a Galicia ao circuíto Arena Handball Tour de balonmán praia
Por Redacción |
-
Vela, loita, balonmán praia e automobilismo no mes de xuño máis deportivo de Sanxenxo
Por Redacción |