Jéssica Bouzas, por primeira vez entre as 200 mellores raquetas do ranking WTA
Por Redacción
A última actualización do ranking internacional de tenis da WTA, o pasado 28 de novembro, deixou unha grata noticia para o tenis galego e provincial de man de Jéssica Bouzas.
A tenista arousá prosegue a súa escalada no mapa mundial do tenis derrubando esta vez unha nova barreira ao coarse por primeira vez entre as 200 mellores raquetas do panorama internacional.
Bouzas aparece na lista no posto 191, o seu tope histórico tras unha campaña máis que positiva para os seus intereses, o 205 no que respecta a os dobres.
Este logro faise se cabe mais rechamante tendo en conta que a pasada tempada pechouna na posición 352, mentres que no 2020 estaba fóra das 800 mellores.
Aos seus 20 anos Jéssica Bouzas asinou este curso ata cinco vitorias individuais no circuíto ITF, tres delas en torneos W25 como os de Quinta do Lago (Portugal), Sibenik (croacia) e Aschffenburg (Alemaña), xunto a dous W15 en Palmanova e Villena, ambos en territorio nacional, ademais de sumar experiencia en torneos de maior nivel.
Relacionadas:
-
Jéssica Bouzas vende cara a súa derrota na última rolda da fase previa do Open de Australia
Por Redacción |
-
Jéssica Bouzas volve gañar e ponse a un paso de entrar no cadro final do seu primeiro Grand Slam
Por Redacción |
-
Jéssica Bouzas supera con solvencia a primeira rolda previa do Open de Australia
Por Redacción |
-
Jéssica Bouzas, no equipo español da United Cup xunto a Rafa Nadal e Paula Badosa
Por Redacción |
-
A tenista arousá Jéssica Bouzas consegue un ouro e un bronce nos Xogos Mediterráneo
Por Manu Otero |
-
Segundo triunfo do ano para Jéssica Bouzas, que gaña o torneo W15 de Palmanova
Por Redacción |
-
Jéssica Bouzas levanta o seu primeiro título do ano no W15 de Villena
Por Redacción |