Gustavo Dacal supera unha "operación decisiva" en México, onde permanece hospitalizado
Por Diego Espiño
Os veciños de Ponte Caldelas, en especial familiares e amigos de Gustavo Dacal, viven con preocupación a situación na que se atopa o ex-atleta, ingresado na cidade mexicana de Veracruz e nun delicado estado de saúde.
O ex-campión de España de xavelina, que leva anos traballando en México como adestrador colaborando con organismos como o Comité Paralímpico Mexicano, someteuse nas últimas horas a unha "operación decisiva", segundo explicou o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, tras reunirse coa súa contorna máis próxima.
Dacal contaxiouse de dengue pola picadura dun mosquito, pero a infección terminou derivando nunha espondilodiscitis, unha infección no corpo vertebral que lle afectou á mobilidade das súas pernas.
Tras coñecerse a súa situación, e lanzar incluso o Comité Paralímpico Mexicano unha campaña de apoio para custear os seus gastos médicos, no Concello de Ponte Caldelas quixeron seguir estes pasos avalando unha conta bancaria que crearán os familiares do deportista en España.
"Gustavo, non te imos a deixar só", declarou o alcalde tras reunirse con familiares e amigos do "deportista máis laureado de Ponte Caldelas".
Segundo explicou o rexedor, nos últimos anos as condicións laborais de Gustavo Dacal en México foron minguando ata atoparse nunha situación complicada, ao non contar con seguro médico privado e afrontar unha enfermidade que lle pode deixar en cadeira de rodas.
De feito a súa contorna xa o axudou con máis de 30.000 euros, custeando a súa última operación "pero veñen por diante meses duros, complicados, polo que se pide a solidariedade e axuda".
Este número de conta español é ES37 2080 5057 4530 4002 3789.
"O obxectivo é que Gustavo se recupere o máximo posible para poder traelo a España canto antes e que poida completar aquí o tratamento necesario para a súa completa recuperación", explicou Andrés Díaz.
Relacionadas:
-
Competir nos Xogos Paralímpicos, obxectivo de Gustavo Dacal tras regresar a España: "É un novo comezo en circunstancias diferentes"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Atletismo Rías Baixas crea unha sección de deporte adaptado e pide que se habilite unha especialidade no CGTD coordinada por Gustavo Dacal
Por Redacción |
-
Gustavo Dacal seguirá coa súa rehabilitación na Coruña
Por Redacción |
-
A elite do deporte español grava un vídeo para apoiar e pedir axuda para Gustavo Dacal
Por Manu Otero |
-
Xornada solidaria de atletismo en favor de Gustavo Dacal
Por Redacción |
-
Organizan unha gala benéfica para recadar fondos que custeen o tratamento de Gustavo Dacal en México
Por Redacción |
-
Gustavo Dacal: "Estou ben dentro das circunstancias. Nunca vou poder pagarvos todo o que estades a facer por min"
Por Diego Espiño |
-
O ex-atleta Gustavo Dacal, hospitalizado en estado grave en México tras contaxiarse de dengue
Por Diego Espiño | Creada e actualizada