Gustavo Dacal: "Estou ben dentro das circunstancias. Nunca vou poder pagarvos todo o que estades a facer por min"
Por Diego Espiño
O estado de saúde de Gustavo Dacal, ex-atleta natural de Ponte Caldelas e que se atopa desde hai días ingresado en México nun delicado estado de saúde, segue preocupando a familia, amigos e veciños.
Tras ser operado por terceira vez en poucos días debido a unha espondilodiscitis, unha infección no corpo vertebral que lle afectou á mobilidade das súas pernas, o propio deportista valorou a súa situación desde o hospital no permanece na cidade de Verazcruz nun audio que foi difundido este mércores por Radio Pontevedra.
"Estou ben dentro das circunstancias. Sigo con moitas ganas de traballar, de saír desta", sinalou o ex-campión de Españpa de lanzamento de xavelina, que leva anos traballando en México como adestrador.
"A cirurxía de costas saíu ben, sacaron a infección da miña medula espinal", explica aínda que explicando que "o prognóstico aínda é incerto e hai algúns momentos malos de dor".
Dacal, que non conta con seguro médico e que está a recibir un importante apoio para poder custear os gastos derivados da súa delicada situación, recoñeceu que "me atopo con disposición, con forza, e nunca vou poder pagarvos todo o que estais facendo por min".
"Quérovos moito, espero que nos volvamos a ver canto antes e nas mellores condicións", concluíu o ex-atleta.
Cabe lembrar que os familiares de Gustavo Dacal, co aval do Concello de Ponte Caldelas, abriron unha conta bancaria na que se poden realizar achegas con seguridade para axudar o deportista neste complicado transo. (ES37 2080 5057 4530 4002 3789).
Relacionadas:
-
Competir nos Xogos Paralímpicos, obxectivo de Gustavo Dacal tras regresar a España: "É un novo comezo en circunstancias diferentes"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Atletismo Rías Baixas crea unha sección de deporte adaptado e pide que se habilite unha especialidade no CGTD coordinada por Gustavo Dacal
Por Redacción |
-
Gustavo Dacal seguirá coa súa rehabilitación na Coruña
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas recada 4.000 euros para axudar a Gustavo Dacal na súa recuperación
Por Redacción |
-
O CGTD acolle o control solidario para recadar fondos e axudar a Gustavo Dacal
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
A gala solidaria "Todos con Gustavo Dacal" celebrarase o venres 27 de xaneiro en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Xornada solidaria de atletismo en favor de Gustavo Dacal
Por Redacción |
-
Organizan unha gala benéfica para recadar fondos que custeen o tratamento de Gustavo Dacal en México
Por Redacción |
-
Gustavo Dacal supera unha "operación decisiva" en México, onde permanece hospitalizado
Por Diego Espiño |
-
O ex-atleta Gustavo Dacal, hospitalizado en estado grave en México tras contaxiarse de dengue
Por Diego Espiño | Creada e actualizada