O CGTD acolle o control solidario para recadar fondos e axudar a Gustavo Dacal
Por Redacción & Cristina Saiz
O Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra acolleu durante a matinal deste domingo o control solidario da Federación Galega de Atletismo 'Axuda a Gustavo Dacal'.
Nel participaron máis de medio milleiro de deportistas co obxectivo de apoiar ao lanzador e recadar diñeiro para custear o tratamento contra a enfermidade que o mantén ingresado en México.
Cabe lembrar que Dacal traballaba no país latino como adestrador en colaboración do Comité Paralímpico Mexicano e foi contaxiado de dengue pola picadura dun mosquito. A infección complicouse e derivou nunha espondilodiscite, unha infección no corpo vertebral.
Desde ese momento o deporte envorcouse masivamente en axudar ao ex-campión de España de lanzamento de xavelina, organizando numerosas galas de recadación de fondos que irán destinados a custear o seu tratamento.
Relacionadas:
-
Gustavo Dacal xa está Galicia para continuar o seu tratamento
Por Oskar Viéitez |
-
Gustavo Dacal seguirá coa súa rehabilitación na Coruña
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas recada 4.000 euros para axudar a Gustavo Dacal na súa recuperación
Por Redacción |
-
Medio milleiro de atletas apoiarán a Gustavo Dacal no control solidario do CGTD
Por Redacción |
-
A gala solidaria "Todos con Gustavo Dacal" celebrarase o venres 27 de xaneiro en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
A elite do deporte español grava un vídeo para apoiar e pedir axuda para Gustavo Dacal
Por Manu Otero |
-
Xornada solidaria de atletismo en favor de Gustavo Dacal
Por Redacción |
-
Gustavo Dacal: "Estou ben dentro das circunstancias. Nunca vou poder pagarvos todo o que estades a facer por min"
Por Diego Espiño |