Pontevedra abre camiño a Málaga, designada como sede da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon en 2024
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
Coa súa gran experiencia internacional na organización de eventos deportivos, especialmente no mundo do tríatlon, Pontevedra afíxose a abrir o camiño para outras localidades españolas.
É o que aconteceu agora coa Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon, que por primeira vez este ano celebraranse en España da man da Boa Vila, concretamente o próximo mes de setembro.
Pontevedra tomou a testemuña de grandes cidades mundiais como Londres, Budapest, Beijing, Auckland, Chicago, Gold Coast, Lausanne, Edmonton ou Abu Dhabi, atraendo un evento que ata a data parecía imposible poder organizar, e agora outra localidade nacional aproveita o camiño aberto para facerse coa gran competición anual do tríatlon internacional.
Málaga foi desiganada como sede das Finais do Campionato Mundial de Tríatlon 2024, segundo confirmou este martes a Federación Española de Tríatlon tras a aprobación da Xunta Executiva de World Triathlon á candidatura andaluza.
"Se este ano era o ano o compromiso de España co Tríatlon era brutal, con Eivissa, Madrid e Pontevedra, anunciar que o ano que vén temos a Gran Final en Málaga e en Pontevedra o Multideporte de 2025 confirma o noso peso no panorama internacional", sinalou o presidente da Federación Española, José Hidalgo.
Cabe destacar que a Boa Vila xa foi a primeira cidade española en organizar os Campionatos do Mundo Multideporte. Fíxoo en 2019 abrindo un camiño que seguiu Eivissa cos Mundiais do presente 2023 e tamén Bilbao cos Campionatos de Europa, e tamén foi a sede inicial dun proxecto nacional como o Pro Tour organizado a beiras do Lérez en 2019 e que se pretendía repetir en 2020 antes da irrupción da pandemia, sendo recuperado en 2021 xa en Madrid.
Relacionadas:
-
Unha travesía a nado polo río Lérez, aperitivo ás Series Mundiais de Tríatlon
Por Redacción |
-
A Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon custará 2,8 millóns de euros
Por Diego Espiño |
-
Asinado o convenio de colaboración entre Concello e Deputación para a Gran Final das Series Mundiais
Por Redacción |
-
Ampliar os horarios de comidas e ceas, cartas en varios idiomas… a hostalería prepárase para a Gran Final das Series Mundiais
Por Redacción |
-
Desvelados os circuítos definitivos e horarios para a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon
Por Diego Espiño |
-
A gran final das Series Mundiais de tríatlon achégase a Pontevedra e necesita voluntariado
-
Pontevedra repetirá en 2025 como sede do Mundial Multideporte de tríatlon
Por Diego Espiño |
-
"En 200 días Pontevedra volverá escribir un novo capítulo da súa historia"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |