Presentada a Fase Final da Copa das Rexións UEFA que se xogará nas Rías Baixas do 9 ao 17 de xuño
Por Diego Espiño
Os principais campos de fútbol do Salnés vístense de gala para acoller a Fase Final da Copa das Rexións UEFA, competición que foi presentada oficialmente este sábado nunha das súas sedes, o campo de Baltar en Portonovo.
Oito equipos pelexarán por un mesmo obxectivo, alzar o título de campión da principal competición amateur continental, e entre eles estará por primeira vez Galicia.
O combinado autonómico quedou encadrado no Grupo A de o torneo xunto a Bavaria (Alemaña), Zenica-Doboj (Bosnia e Hercegovina) e a República de Irlanda amateur, mentres que no Grupo B competirán Lisboa (Portugal), Belgrado (Serbia), Zlin Region (República Checa) e Dolnośląesquí (Polonia).
"É un premio para o fútbol galego pero por outro lado unha responsabilidade para nós. O equipo chega moi enchufado, traemos o mellor equipo posible e esperemos estar á altura das circunstancias", sinalou o seleccionador galego, Iván Cancela.
Pola súa banda o presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, afirmou que "creo que é unha magnifica oportunidade para Galicia". Además en su intervención quiso "agradecer a UEFA que confiase en nós para un evento de estas características. Estamos falando dun movimento econñomico que se acehega ao millón e medio de euros", explicou o dirixente.
Os partidos xogaranse nos campos de Baltar (Portonovo), Burgáns (Cambados), A Lomba (Vilagarcía) e A Senra (Ribadumia) entre o 9 e o 17 de xuño, todos eles con entrada de balde para o público.
Na presentación estiveron presentes ademais Claudio Negroni, responsable de fútbol amateur da UEFA, os presidentes dos seis clubs colaboradores co evento (Portonovo SD, Vilalonga FC, Club Juventud Cambados, Céltiga FC, Arosa SC e CD Ribadumia), os alcaldes de Cambados e Ribadumia, Samuel Lago e David Castro, e os concelleiros de Sanxenxo e Vilagarcía, Dani Arosa e Álvaro Carou.
No que respecta ao calendario de Galicia, a selección local ten previsto debutar este próximo venres 9 de xuño (19.00 horas) no campo de Burgáns #ante a República de Irlanda amateur. O segundo partido será o domingo 11 de xuño á mesma hora no campo de Baltar ante Zenica-Doboj (Bosnia e Hercegovina), mentres que a terceira e última xornada da fase de grupos disputarase o mércores 14 de xuño, tamén ás 19.00 horas, no campo da Lomba ante Bavaria (Alemaña).
Todos os encontros serán retransmitidos en directo a través da canle de Youtube da Real Federación Galega de Fútbol.
Relacionadas:
-
Galicia, a un paso de tocar o ceo na Lomba
Por Redacción |
-
Á final! Galicia tomba a Bavaria (1-0) e acariña o título da Copa de Rexións UEFA
Por Diego Espiño |
-
Galicia derrota a Bosnia e xogarase o pase á final da Copa de Rexións UEFA ante Alemaña (2-1)
Por Redacción |
-
Galicia dobrega a Irlanda no seu debut na Fase Final da Copa de Rexións UEFA (2-0)
Por Diego Espiño |
-
Galicia xa traballa sobre o céspede pensando no seu debut na Fase Final da Copa de Rexións UEFA
Por Redacción |
-
Baltar, A Lomba, Burgáns e A Senra póñense a punto para acoller a Copa de Rexións UEFA
Por Redacción |
-
A UEFA confirma a Baltar, A Lomba, A Senra e Burgáns como sedes da fase final da Copa das Rexións
Por Redacción |
-
A UEFA examina os campos de herba do Salnés para acoller a fase final da Copa das Rexións
Por Redacción |
-
Galicia certifica na Lomba o seu pase á Fase Final da Copa de Rexións UEFA
Por Redacción |