O piragüismo pontevedrés marca territorio no arranque do mundial sub 23 de Auronzo, en Italia
Por Manu Otero
A cidade italiana de Auronzo dei CAdore acolle estes días a disputa do campionato do mundo de piragüismo de categoría júnior e sub 23 no que os padeeiros galegos esperan ter unha elevada cota de protagonismo. Só na primeira xornada de competición, sete integrantes da armada galega lograron clasificarse para as súas finais, das cales tres levan selo pontevedrés.
No C2-1000, os pontevedreses sub 23 Martín Jácome e Pablo Crespo obtiveron unha destacada segunda posición na súa serie de clasificación que os lanzou directamente á final do próximo venres. Así mesmo, a bordo do seu C1, Crespo fíxose co triunfo na semifinal avantaxando en máis de tres segundos ao segundo clasificado e logrando o pasaporte para a regata polas medallas.
O C2 feminino formado por Antía Otero, do EP Ciudad de Pontevedra, e María Moreno tamén se fixo un oco na final grazas a unha extraordinaria serie clasificatoria na proba de 500 metros, distancia que será olímpica en París, que tamén as catapultó directamente á carreira polas medallas.
Ao longo desta xornada de xoves tamén tratarán de clasificarse para as finais Diego Domínguez e Joan Moreno no C2-500 sub 23, así como Martín Jácome e Elena Millan no C2-500 sub 23 mixto.
O venres iniciarán a competición os sub 23 pontevedreses Claudia Couto, na modalidade de C1-200; e Manuel Fontán, no C1-500. O sábado será a quenda das embarcacións de equipo, na que o C4 formado por Claudia Couto, Antía Otero, Valeria Oliveira e María Moreno palearán por unha medalla. O mesmo farán Jaime Duro e Diego Domínguez, acompañados por Daniel Grijalba e Joan Moreno.
O domingo será a quenda da longa distancia, na que Jaime Duro buscará a gloria na final do C1-5000.
Relacionadas:
-
Exhibición de Pablo Crespo no selectivo para os mundiais de piragüismo de Alemaña
Por Manu Otero |
-
David Pazos, primeiro ouro pontevedrés no Europeo de piragüismo maratón en Croacia
Por Redacción |
-
Claudia Couto, Jaime Duro e Martín Jácome pechan o Mundial de piragüismo con dous ouros e un bronce
Por Almu Dapena |
-
Tres novos metais mundialistas para España da man dos padeeiros pontevedreses
Por Almu Dapena |
-
O piragüismo pontevedrés achega as primeiras medallas para a delegación española no mundial de Italia
Por Manu Otero |
-
Antía Jácome e Pablo Graña, campións de Europa en C-2 200 mixto
Por Almu Dapena |
-
Adrián Sieiro pon a directa cara á final nos Xogos Europeos
Por Diego Espiño |
-
Prata europea para Antía Jácome e María Corbera: "Imos ir a por todas no Mundial"
Por Diego Espiño |