O Campionato de España Absoluto de Karate de 2024, en Pontevedra
Por Diego Espiño
Pontevedra suma un novo evento ao seu calendario deportivo para o ano 2024.
Trátase do Campionato de España Abosluto de Karate e Para-Karate, e que se celebrará na Ba Vila os días 16 e 17 de marzo do próximo ano.
O acordo para ser a sede do campionato nacional pechouse este xoves nunha reunión na que estiveron presentes o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, a edil de Deportes, Anabel Gulías, e o presidente da Federación Galega de Karate, Óscar Lafuente.
A competición, que será clasificatoria para o Campionato de Europa Absoluto, conta cunha previsión de participación próxima aos 400 deportistas, ao poder competir dous membros por categoría e federación autonómica, ademais dos campións nacionais e medallistas europeos e mundiais do ano anterior.
"Estamos configurando o calendario competitivo do vindeiro ano e aposta polo deporte é clara nesta cidade. Queremos seguir sendo unha referencia na organización de citas competitivas e esta non será unha excepción", sinalou o alcalde tras coñecerse a elección de Pontevedra como sede.
Relacionadas:
-
Arranca en Pontevedra o Campionato de España Absoluto de Karate e Para-Karate
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O Campionato de España Absoluto de Karate aterra en Pontevedra: "O nivel vai ser impresionante"
Por Diego Espiño |
-
A Liga Nacional de Karate reunirá a 700 deportistas en Pontevedra durante esta fin de semana
-
Pontevedra será capital do karate en 2022 e 2023 cun campionato de España e unha liga absoluta
Por Manu Otero |