O Burela deixa o Poio Pescamar sen fase final da Copa da Raíña (4-2)
Por Redacción
O Poio Pescamar terá que esperar outro ano para gozar dunha fase final da Copa da Raíña.
O conxunto conserveiro viuse superado este mércores nos oitavos de final do torneo polo campión do últimas cinco edicións, o Burela, caendo eliminado da competición.
Pese ao 4-2 final, o cadro conserveiro non só competiu sen complexos contra as da Mariña, senón que vendeu moi cara a súa derrota, chegando aos minutos finais con todas as súas opcións intactas.
Todo iso sobrepoñéndose a que o partido e a eliminatoria se puxese moi pronto en contra, co primeiro gol lucense aos 6 minutos por medio de Antía Pérez e o 2-0 de Emily no minuto 10.
O Poio Pescamar non se desanimou e meteuse de novo na eliminatoria cun tanto de Saki ante o seu ex-equipo dous minutos despois.
Así se chegou ao descanso e xa na segunda metade, de poder a poder, as vermellas botaron o resto, forzando a que o Burela se colocase moi pronto con cinco faltas e apostase polo xogo de cinco para tentar durmir o partido.
O que chegou con todo foi o empate, por medio de Laura Uña aos 30 minutos e desde o seu propio campo, aproveitando a portería baleira do seu rival,
Quedaban 10 minutos e todo estaba no aire, e aí apareceu a maior experiencia do Burela para decidir o duelo de oitavos de final. Sandra Buzón salvou dúas accións das locais, pero á terceira Cami conseguía marcar e repetía un minuto despois para lograr o definitivo 4-2 que metía ao seu equipo na final a oito de Copa.
Consulta aquí a acta do partido de Copa da Raíña entre Burela e Poio Pescamar.
Relacionadas:
-
Empate épico entre Poio Pescamar e Futsi Navalcanero (5-5)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Traballada vitoria do Poio Pescamar ante o pechacancelas Leganés (1-5)
Por Redacción |
-
Remontada no último minuto do Poio Pescamar sobre o Atlético Torcal (3-1)
Por Redacción |
-
Desafíos opostos para Marín Futsal e Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Empate amargo para o Poio Pescamar contra o Roldán nun partido para a historia (4-4)
Por Diego Espiño |
-
Poio Pescamar e Marín Futsal, a recuperarse da eliminación na Copa da Raíña
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar abrirá A Seca para seguir os oitavos de final de Copa da Raíña
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar sentenza no primeiro tempo o derbi ante o Ourense Envialia (2-0)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
O Poio Pescamar rompe a imbatibilidade do Arcorcón (3-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Sorteadas as semifinais da Copa Galicia, cun novo duelo entre Poio Pescamar e Burela
Por Redacción |
-
Burela-Poio e Marín-Les Corts nos oitavos de final da Copa da Raíña
Por Diego Espiño |