A pouco máis de 10 días de que arranque oficialmente unha nova tempada para o Pontevedra Club de Fútbol, empézanse a desvelar as datas dos compromisos estivais que afrontará o bloque adestrado por Luisito.
O técnico convocou aos seus xogadores, a falta das últimas fichaxes, para o luns 17 de xullo, día no que se iniciarán os adestramentos.
Apenas unha semana despois, o 25 de xullo, o Deportivo visitará Pasarón nunha data confirmada hai un mes polo club coruñés, no que será un dos pratos fortes da preparación estival.
Tras esa cita, catro días despois, o Pontevedra tomará parte no Trofeo do Carneiro ó Espeto, en Moraña, un triangular no que se enfrontarán a un rival da súa liga, o Coruxo, e a un equipo de Terceira División como o Arosa.
Este triangular disputarase o sábado 29 de xullo no campo de fútbol de Mirallos.
Os granates aínda debe confirmar o resto de encontros amigables que completarán a fase de preparación co obxectivo de chegar en plena forma ao comezo de liga na Segunda División B, fixado para a fin de semana de 19 e 20 de agosto.