Antía Chamosa segue facendo historia no atletismo español proclamándose campioa de España Sub-23 nos 20 quilómetros marcha celebrados en Murcia esta fin de semana.
Despois de bater hai pouco máis dun mes o récord nacional Sub-23 dos 35 quilómetros, a atleta da Gimnástica logrou o dobrete nas dúas distancias de ruta disputadas este ano na súa categoría.
Parou o cronómetro en 1 hora 36 minutos 27 segundos, sétima posición absoluta pero a primeira na da súa idade.