Carla Goyanes, subcampioa de Europa junior en natación en augas abertas

Pontevedra
14 de xullo 2018

A nadadora pontevedresa Carla Goyanes, integrante do Club Natación Galaico, proclamouse subcampioa de Europa junior na proba de 7,5 quilómetros en augas abertas. Foi no campionato que se está disputando en Malta

Carla Goyanes (á esquerda) no podio do Europeo junior de natación
Carla Goyanes (á esquerda) no podio do Europeo junior de natación / Club Natación Galaico

A nadadora pontevedresa Carla Goyanes, integrante do Club Natación Galaico, proclamouse subcampioa de Europa junior na proba de 7,5 quilómetros en augas abertas. Foi no campionato que se está disputando en Malta.

Con esta medalla de prata, ademais, Goyanes clasificouse para disputar o Mundial da especialidade, que terá lugar en Eilat (Israel).

A súa foi unha proba moi igualada entre as primeiras clasificadas, o que obrigou aos xuíces a deliberar durante uns minutos para determinar a gañadora.

Carla e a rusa Veronika Nikulina chegaron a meta ao mesmo tempo, pero a foto da chegada determinou que a pontevedresa fora segunda por un único segundo, ao terminar a proba en 01:03:38.49. 

Este resultado é, en todo caso, a guinda a unha magnífica tempada na que a nadadora Pontevedra foi evolucionando ata converterse na subcampioa de España na proba dos 7.500 metros.

O extraordinario estado de forma en que se atopa fixo que o equipo nacional convocásea para o Campionato de Europa de Malta.