Marín Futsal-Atlético Navalcarnero e Alcorcón-Poio Pescamar para empezar a liga

Marín
22 de xullo 2021

A Real Federación Española de Fútbol deu a coñecer este xoves o calendario de competición para a próxima tempada na Primeira División Feminina de fútbol sala, que dará comezo o sábado 18 de setembro

Partido entre o Poio Pescamar e Leganés na Seca Cristina Saiz

O Poio Pescamar e o Marín Futsal xa coñecen o camiño que lles espera a próxima tempada na Primeira División feminina do fútbol sala nacional, despois que a Real Federación Española de Fútbol dese a coñecer o resultado do sorteo dunha competición que dará comezo o 18 de setembro.

Para o Marín será o seu primeiro curso na máxima categoría, e o seu debut será de altura, ao recibir na Raña na primeira xornada ao  Futsi Atlético  Navalcarnero, mentres que o Poio Pescamar deberá visitar a pista do Alcorcón.

Unha semana despois, na segunda data do calendario, o cadro conserveiro estrearase na casa recibindo ao campión do liga, o Burela Pescados Rubén, mentres que o Marín afrontará un longo desprazamento a Melilla.

A competición ligueira, que recupera o formato de grupo único con 16 equipos participantes, prolongarase na súa fase regular ata o 11 de xuño, cos partidos Poio Pescamar-Móstoles e Leganés-Marín Futsal.

En canto aos derbis entre ambos os dous equipos, terán lugar o 2 de outubro na Raña na terceira xornada e o 19 de febreiro na Seca na xornada 18.

Consulta aquí o calendario completo da Primeira División Feminina 21-22