A asociación comarcal para a loita contra a velutina pon en marcha as primeiras accións

Barro
03 de setembro 2017

Esta semana constituíuse en Barro a Asociación Comarcal de Loita contra a Vespa Velutina, baixo o nome de ASVU (Asociación Stop Velutina Umia)

ASVU (Asociación Stop Velutina Umia) ASVU

Esta semana constituíuse en Barro a Asociación Comarcal de Loita contra a Vespa Velutina, baixo o nome de ASVU (Asociación Stop Velutina Umia).

A asociación é froito de varias xuntanzas levadas a cabo na comarca con distintos grupos de apicultores e voluntarios das asociacións de Protección Civil de Portas, Cuntis, Barro e Caldas de Reis, que puntualizou que só asistiu a unha reunión con efectos informativos e que "non nos situamos nin participado na creación"

Un dos grupos máis activos dentro da asociación é o Grupo Stop Velutina Barro e, por iso foi neste concello onde se constituíu a asociación.

Na reunión estivo presente o alcalde de Cuntis, Manuel Campos, e o tenente alcalde de Barro, José Sanmartín, quen actuaba como coordinador do grupo Stop Velutina Barro. Os alcaldes de Portas e Caldas tamén mostraron o seu apoio a pesar de non poder acudir a esta reunión.

A directiva está composta por Esteban Jamardo (presidente), Adrián Magariños (vicepresidente), Beatriz Abal (secretaria), Manuel Outón (tesoureiro) e Ángel Garabán, Miguel Couto e Elpidio Álvarez (vogais).

A asociación ten previsto levar a cabo varias accións, entre elas seguir reclamando á Xunta de Galicia máis medios para a loita contra a "praga" da vespa velutina.

No apartado de actividades, vanse levar a cabo obradoiros de realización de trampas no CEIP Amor Ruibal de Barro nas vindeiras semanas. Tamén se van facer charlas informativas nos concellos de Caldas, Cuntis, Moraña e Portas. Ademáis, acordouse asistir a eventos (mercados ou festas gastronómicas, entre outros) para visibilizar a problemática do colectivo diante desta praga.

Outra das iniciativas será a venda de mel dos apicultores asociados coa creación dunha etiqueta que identifique que un euro do custo do produto irá destinado a esta asociación. Tamén se estableceu unha cuota de socio de 20 euros.

Arquivado en