Causa danos en dous postes da luz nun accidente en Cambados sen que se rexistraran feridos

O Salnés
19 de decembro 2023

Os servizos de Emerxencias tamén tiveron que intervir noutros dous sinistros no Salnés. O máis grave producíase na autovía AG-41 ao seu paso por Meaño. A condutora do turismo foi evacuada ao Hospital do Salnés con dor cervical e torácico

Vehículo que causou danos nos postes da luz en Castrelo Servizo de Emerxencias

Ás 15.30 horas deste martes rexistrábase un accidente de tráfico en Quintáns, na parroquia cambadesa de Castrelo.

A persoa que conducía o vehículo provocaba danos en dous postes da luz coa derriba da instalación.

Ata o lugar desprazábase o servizo de Emerxencias do Concello de Cambados e unha patrulla da Garda Civil de Tráfico.

Malia o impacto, ningunha persoa resultou ferida, segundo informan os servizos de Emerxencias que acudiron ao lugar.

OUTROS DOUS ACCIDENTES NO SALNÉS

Si foi necesario trasladar á condutora do turismo que sufría un accidente de tráfico na autovía AG-41 no municipio de Meaño, tamén na comarca do Salnés. 

O suceso producíase ao redor das 09.50 horas e a muller foi evacuada ao Hospital Montecelo con dor cervical e torácica.

Ademais do servizo de Emerxencias de Cambados, tamén interviña a Garda Civil de Tráfico, unha ambulancia do 061 e mantemento de estradas.

Un terceiro accidente na mesma comarca sucedía ás 08.00 horas na EP-9002 ao seu paso por Modia, en Cambados.

Neste caso, as persoas implicadas non precisaron asistencia sanitaria.