Recomendacións para a retirada de pellets nas praias
Por Anxo Lourido
Plademar, plataforma creada en 2016 para defender o medio ambiente, lanzou un aviso nas redes sociais con recomendacións que deben ser atendidas polas persoas que queren colaborar na limpeza das praias ante a chegada de pellets.
Recomendan que para realizar estas recollidas se vaia en grupos organizados. Ao entrar nos areais é necesario mirar onde se pisa. Explican que os pellets son un material difícil de recoller e entérranse con moita facilidade polo que resulta necesaria moita precaución nestes labores.
Indican que é mellor limpar en grupos para ir "varrendo" a praia e non deixar espazos sen limpar. Aconsellan o uso de luvas máis duras que as de látex, porque este material rompe con facilidade.
Desde esta plataforma explican que se pode utilizar un colador, un tamiz ou unha rede pola que non se filtren os pellets para escoller os pequenos plásticos pero apuntan que a forma máis efectiva de retirada destes elementos é vertiendo o recollido nun capacho con auga. Os pellets flotan e, desta forma, resulta máis sinxelo extraelos.
Non se debe, en ningún caso, escavar na area, só é necesario recoller a parte superficial. Tamén é fundamental non levar a terra restos orgánicos, xa que é alimento para a fauna local. En caso de atopar aves mariñas mortas é necesario avisar ao 112 para a súa retirada.
Os pellets, segundo Plademar, deben gardarse nunha bolsa, caldeiro ou capacho para despois entregalo a quen xestione estes residuos en cada Concello costeiro afectado. Lembran que son produtos industriais e deben depositarse en contedores especiais.
No caso de que aparezan outros plásticos distintos ou calquera outro residuo que se queira recoller, deben almacenarse á marxe dos pellets.
Por último, alertan de que é necesario chamar ao 112 Galicia no caso de que se descubran pellets nunha zona onde se saiba que antes non había ou se se observa a presenza dalgún saco contendo este produto. Desde o 112 determinarán as medidas para adoptar.
Relacionadas:
-
A marea de pellets esténdese pola ría de Pontevedra e chega tamén a Poio e Marín
Por Natalia Puga |
-
A Xunta eleva o nivel de alerta pola emerxencia dos pellets
Por Natalia Puga |
-
Restos de pellets chegan a praias das illas de Ons e Sálvora
Por Redacción |
-
O mal tempo desmobiliza a limpeza de pellets no Carreirón: "Retirar iso vai ser un traballo titánico"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Fiscalía Xeral do Estado abre unha investigación sobre a vertedura de pellets nas costas galegas
Por Natalia Puga |
-
A asociación de Titulados Náutico Pesqueiros afirma: "as boliñas plásticas deixan en ridículo os dispositivos de vilixancia costeira"
Por Redacción |
-
A cidadanía mobilízase para retirar as bólas de plástico das praias
Por Oskar Viéitez |
-
Os pellets de plástico chegan ás praias do Grove e A Illa de Arousa
Por Oskar Viéitez |