Víctor Loira chega a Pontevedra na súa volta a Galicia polas doenzas intestinais
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
A reivindicativa volta a Galicia en bicicleta e patinete emprendida por Víctor Loira chegou este domingo á súa meta instalada na praza de España. Foi un reto destinado á loita da Asociación Socio Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal (ASSEII) contra estas enfermidades.
Este pontevedrés, enfermo de Crohn, propuxose percorrer 1.320 quilómetros en varias etapas desde o pasado 19 de agosto. Durante este periplo visitou catorce hospitais do Sergas das catro provincias da comunidade, compartindo as experiencias das persoas ostomizadas. Este luns fará unha nova etapa desde o Hospital Montecelo ata o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, e o martes rematará chegando á Catedral e á Consellería de Sanidade.
Toda esta aventura recollese nun documental gravado polo equipo de Sebastián Álvaro, creador de "Al filo de lo imposible".
Durante o seu discurso de agradecemento tras chegar á meta acompañado de numerosos amigos e colaboradores, Víctor Loira demandou á sanidade pública o catálogo de medicamentos para estas doenzas que na actualidade non teñen cura, de aí a importancia dos tratamentos que reciben para axudar a mellorar a súa calidade de vida e permitirlles alcanzar un nivel de saúde suficiente para levar a cabo as actividades diarias.
Relacionadas:
-
Víctor Loira encara unha nova "tolemia" para dar visibilidade ás enfermidades intestinais
Por Manu Otero |
-
850 quilómetros en bicicleta para visibilizar as enfermidades inflamatorias intestinais
Por Redacción |
-
As enfermidades inflamatorias intestinais reúnen no Pazo da Cultura a profesionais, pacientes e autoridades sanitarias
Por Redacción |
-
De Tui a Santiago para visibilizar a loita contra a ELA
Por Redacción |
-
VÍDEO.- 1.320 quilómetros de ilusión e esforzo para visibilizar as enfermidades intestinais
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
En bicicleta e patinete por toda Galicia para visibilizar as enfermidades inflamatorias e intestinais
Por Redacción |