Os comerciantes están preocupados pola desaparición de prazas de aparcadoiro na rúa Progreso
Por Oskar Viéitez
A asociación de comerciantes de Sanxenxo, Entretendas, demanda máis información ao Concello sobre as obras de reforma integral da rúa Progreso, un proxecto no que se investirán 2,5 millóns de euros, e que se executará en tres fases para reducir as molestias.
Facéndose eco das peticións dos asociados afectados pola remodelación desta rúa, Entretendas pregunta ao goberno local polo motivo "da desaparición de tantas prazas de aparcadoiro e cal é a alternativa se a hai".
Segundo transmitiu a xerente de Entretendas, Conchi Horro, tamén están interesados en coñecer "como se vai a xestionar o acceso a garaxes e negocios afectados nas fases onde o corte de tráfico vai ser total".
A previsión que manexa o Concello é que a reforma se realice en doce meses, aínda que esperan reducir o prazo a nove meses.
Na primeira fase reformaranse os 470 metros comprendidos entre a rotonda de Arnelas e o cruzamento coa EP-9205, a estrada de Fontoira. Mentres se corta este tramo ao tráfico haberá dous itinerarios alternativos a cada lado da rúa Progreso.
Relacionadas:
-
O Concello de Sanxenxo atrasa o inicio das obras da rúa Progreso
Por Redacción |
-
COVSA garante que non será necesario cortar os dous carrís na rúa Progreso
Por Redacción |
-
A reforma da rúa Progreso interesa a catorce empresas
Por Redacción |
-
A reforma da rúa Progreso será por fases para reducir as molestias
Por Redacción |
-
Sanxenxo quere que a rúa Progreso estea reformada antes do próximo verán
Por Redacción |
-
A Xunta transfire ao Concello de Sanxenxo as beirarrúas da rúa Progreso
Por Oskar Viéitez |
-
Feijóo afirma que a humanización da Rúa Progreso contribuirá a consolidar o atractivo turístico de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |