Carme da Silva asegura que moitos pais permiten aos seus fillos saír de peñas como premio polas boas notas
Por Oskar Viéitez
A concelleira de Festas do Concello de Pontevedra, Carme Da Silva, restou importancia ás queixas dalgúns cidadáns e hostaleiros polas molestias orixinadas pola presenza das peñas de mozos en rúas e prazas do centro histórico dicindo que "non é unha novidade deste ano" e argumentou que "moitas veces ou ir a esta festa é o premio por levar boas notas que lle dan os seus pais e nais".
Desde o goberno local reiteraron "a mesma mensaxe de sempre", isto é, que os días de peñas son "unha celebración que organizan o mozos e as mozas exclusivamente dúas veces ao ano" nas dúas primeiras fines de semana de agosto coincidindo con e inicio da festividade da Peregrina "é unha actividade perfectamente compatible coas festas", dixeron.
Carme Da Silva lembra que: rúas e prazas "son espazos públicos de usos diversos e plurais", que existen na hostalería "opinións moi variadas", e que desde o goberno local "temos que traballar para que non haxa problemas".
Neste sentido, sobre a petición para que se instalen urinarios público que eviten que os mozos ouriñen nas rúas, Carme Da Silva dixo que "iso é unha cuestión de educación que deberiamos resolver" e que ese comportamento "está bastante limitado".
Así, aludindo á "experiencia doutras cidades", xustificou que a instalación destes servizos "non resolve este problema" das mexadas na vía pública.
A concelleira de festas lembra que todos os mozos que participan nas peñas "asisten con autorización do seus pais, nais ou titores responsables" e que "a inmensa maioría deles" o que fan é "divertirse e pasalo ben, sen máis complicación".
Finalmente, Carme Da Silva engadiu unha reflexión sobre o "fantástica" que é a mocidade actual en canto á súa formación e "porque teñen hábitos e prácticas de vida moitísimo máis responsables dos que tiveron as persoas de xeneracións anteriores".
Relacionadas:
-
O PP insiste en regular as 'peñas': "Esto está desmadrado y hay que controlarlo"
Por Natalia Puga |
-
Os técnicos de emerxencias volven alertar do "insuficiente" dispositivo dos días de 'peñas'
Por Natalia Puga & Oskar Viéitez |
-
Denunciados unha persoa e un vehículo e identificados tres máis por usar altofalantes e poñer música o sábado de 'peñas'
Por Natalia Puga & Diego Torrado & Mónica Patxot |
-
Operativos especiais da Policía Local polas touradas e as peñas
Por Redacción |
-
O PP pide diálogo para "reconducir" as 'peñas': "non ofrecemos nin boa imaxe nin imaxe de seguridade"
Por Natalia Puga |
-
Hostaleiros, indignados ante o "incivismo" dos días de 'peñas': "Hoxe Pontevedra non é Boa Vila"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Noite de peñas sen incidentes
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra acolle o primeiro día de peñas con menos afluencia da mocidade
Por Redacción |