A Deputación lanza a cuarta edición do coworking de Barro cunha xornada de portas abertas
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra e a Escola de Organización Industrial (EOI), co cofinanciamento do Fondo Social Europeo, lanzan a cuarta convocatoria para participar no coworking do Viveiro de Empresas de Barro.
A través desta iniciativa darase cabida, de xeito gratuíto, a outros 20 proxectos emprendedores da provincia en fase de desenvolvemento ou creados recentemente.
A Deputación volve ofrecer esta ferramenta a tódalas persoas emprendedoras interesadas. Para elo impartirá unha xornada de portas abertas o próximo día 17, martes, no espazo Coworking, situado no viveiro empresarial de Barro, en horario de 13.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 17.30 horas.
A información sobre esta xornada estase facendo chegar a asociacións, a algúns centros educativos especializados e a entidades relacionadas co emprego. Ademais está confirmada a participación entre os días 10 e 12 na feira MindTech (o salón do sector industrial, metalúrxico e metalmecánico) de Vigo, e no evento do emprendemento Pont Up Store que se celebra en Pontevedra entre os días 19 e 21 deste mes.
Relacionadas:
-
A quinta edición do coworking de Barro comezará en abril e farase de maneira dixital
Por Redacción |
-
A Deputación pon en marcha o plan de emprego e formación Labora 2020
Por Redacción |
-
O Coworking de Barro recibe 20 novos proxectos empresariais
Por Redacción |
-
O coworking de Barro pecha a súa terceira edición con más de cincuenta empresas creadas
Por Redacción |