Identifican dous furtivos reincidentes con case 20 quilos de ameixa extraída ilegalmente na praia da Ostreira
Por Redacción
A Policía Local de Poio e os Gardapescas da Confraría de Pontevedra desenvolveron un operativo especial de vixilancia durante esta fin de semana contra a actividade furtiva. Desta forma na tarde deste venres 6 de decembro, localizaban a dous furtivos na praia da Ostreira, en Poio, extraendo ilegalmente ameixa.
As persoas identificadas son veciñas de Poio e contan, segundo a Policía Local, con numerosos antecedentes tanto penais como administrativos por actividades relacionadas co furtivismo.
Nesta ocasión recuperáronse un total de 19,5 quilos de ameixa xapónica. 15 destes quilos presentan un tamaño antirreglamentario para a súa extracción.
Estes delincuentes extraen o molusco en sacos para agochalos en diferentes puntos da costa ou en coches vellos que adquiren para levar a cabo estas accións. Trátase dun grupo organizado, que despois de retirar o marisco e escondelo volven ao lugar para recuperalo e vendelo ilegalmente en bares e en restaurantes.
Segundo explican desde a Policía Local de Poio, durante estas xornadas previas ao Nadal incrementouse a actividade ilegal por parte dos furtivos xa que os restaurantes que compran de forma ilícita demandan unha maior cantidade de produto.
Os dous furtivos enfróntanse a unha nova denuncia como presuntos autores dun delito contra a frota e a fauna, que será presentada perante o xulgado, ademais do traslado da infracción administrativa #ante os órganos competentes da Xunta de Galicia para que tamén adopte medidas #ante esta actividade delituosa, que prexudica gravemente ás mariscadoras do fondo da ría de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Deteñen un veciño de Poio de 36 anos con dúas ordes de busca
Por Redacción |
-
Dous furtivos sorprendidos cando vendían ameixa ilegal nun negocio de Poio reaccionan ameazando aos policías
Por Redacción |
-
Deteñen en Poio un grupo de furtivos reincidentes con 18 quilos de ameixa xapónica
Por Oskar Viéitez |
-
Non se presenta ao xuízo un dos furtivos sorprendido en Vilaboa con vieira e ameixa con toxina
Por Oskar Viéitez |
-
O temporal amarra a frota e pon o prezo do marisco polas nubes
Por Manu Otero |
-
Sorprenden 'in fraganti' tres furtivos reincidentes na praia de Lourido
Por Redacción |
-
A Policía Autonómica comisa 4 quilos de percebe e 1,5 quilos de nécora en Poio
Por Oskar Viéitez |
-
Localizan en Poio dous zulos con case dez quilos de ameixa xapónica
Por Redacción |
-
Un furtivo agride cunha saca de ameixas a un garda rural na ría de Pontevedra
Por Redacción |