Cubela acusa o PSOE local de "traizoar o pobo" na polémica pola obra dos Baños do San Xusto
Por Redacción
Continúa en aumento a polémica en relación coas obras de rehabilitación dos Baños do San Xusto tras a denuncia efectuada polo alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz ao entender que se cometeron irregularidades na aprobación do proxecto cun convenio entre a Xunta e o goberno local de Cerdedo-Cotobade.
Agora é Jorge Cubela, alcalde de Cerdedo-Cotobade, quen manifesta que a fronte institucional de defensa da rehabilitación dos Baños de San Xusto está conformada pola alcaldía e polos grupos municipais do PP e do BNG. Deixa por tanto fose ao PSOE local ao entender que actúa en contra das obras "malia as mentiras que lanzan" a través de comunicados só para tentar salvar a cara e "a vergoña ante os veciños".
#Ante esta ruptura do acordo inicial, Cubela anuncia que o Concello non vai contar "absolutamente para nada" cos socialistas neste asunto e vai deixalos completamente á marxe "mentres non se posicionen de verdade e reproben a actitude de deslealdade e boicot do alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz", segundo manifesta o máximo representante de Cerdedo-Cotobade.
Cubela entende que o PSOE local prefire, en lugar de defender ao seu Concello, non afear a conduta do socialista Andrés Díaz, a pesar do que entende é un "uso perverso do Defensor do Pobo" por parte do rexedor de Ponte Caldelas.
Jorge Cubela sinala que o informe do Defensor, no que se sementaban dúbidas sobre a legalidade do convenio aprobado entre a Xunta e o Concello de Cerdedo-Cotobade, carece de valor. "Ten o mesmo valor que a súa palabra, ningún", alega Cubela en referencia aos socialistas.
O alcalde ataca ao PSOE que lidera Lina Garrido sinalando que "actuou por detrás, mentindo e sen dar a cara na ruptura do pacto unánime" e acusa a esta agrupación de pagar publicidade para gañar difusión dos seus comunicados en redes sociais, "algo que é completamente inusual e que só pode deberse a que tentan salvar a cara porque teñen mala conciencia polas súas mentiras, o seu posicionamento real contra Baños do San Xusto e a súa traizón consumada, unha máis tras as recentes en Viascón ou Almofrei".
Cubela finaliza convidando os socialistas a recapacitar e a cambiar de postura tomando como exemplo ao portavoz do BNG, Ernesto Filgueira, que "a pesar de estar nas nosas antípodas ideolóxicas está a demostrar responsabilidade e altura de miras".
Relacionadas:
-
O BNG defende o proxecto termal de San Xusto pero pedirá máis información sobre o seu financiamento
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade esixe a revogación do ditame do Defensor del Pueblo sobre a obra nos Baños do San Xusto
Por Redacción |
-
A Xunta rexeita a solicitude do Defensor de anular o convenio dos Baños do San Xusto
Por Oskar Viéitez |
-
O PSdeG esixe explicacións á Xunta pola "adxudicación irregular" dos Baños de San Xusto
Por Redacción |
-
A Deputación descúlpase e retira unha noticia da súa web tras unha queixa do PP
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
O PSOE de Cerdedo-Cotobade pide a Cubela que aclare como reformará os Baños de San Xusto se perde a subvención
Por Redacción |
-
Jorge Cubela defende que o Defensor do Pobo non pode admitir denuncias de administracións públicas
Por Redacción |
-
Primeira acción reivindicativa en Cerdedo-Cotobade para defender a rehabilitación dos Baños de San Xusto
Por Redacción |
-
O alcalde de Ponte Caldelas entra de cheo na polémica pola súa queixa contra os Baños de San Xusto
Por Redacción | Creada e actualizada