Os concellos na fase 2 do Plan Revitaliza poderán cumprir este ano cos obxectivos de reciclaxe da Unión Europea
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, agarda que os concellos na fase 2 do Plan Revitaliza poidan cumprir neste ano cos obxectivos de reciclaxe da Unión Europea fixados no 50% dos residuos municipais.
Con este obxectivo están a "pisar o acelerador" como se puxo de manifesto na reunión de alcaldes e concelleiros de Medio Ambiente celebrada este venres na Deputación, na que extrapolando os datos de reciclaxe actuais e "facendo unha previsión moi conservadora", se constatou que o concello de Mondariz Balneario cumprirá sobradamente as esixencias europeas, outros tres están rozando a porcentaxe necesaria (Vilaboa, Mondariz e As Neves) e outro (O Grove) cumplirá con toda probabilidade en 2021 polas súas dificultades de dispersión e estacionalidade.
O resto de concellos en fase 2 (Poio, A Illa de Arousa, Tomiño e Valga) teñen a previsión de implementar o modelo de compostaxe en proximidade de maneira progresiva para chegar ás cifras necesarias en dous exercicios, cun grande ritmo de implementación xa que nestes momentos están en fase de aplicación incipiente.
César Mosquera destacou que esta situación pon aos "Concellos Revitaliza" nunha posición "inmellorable" dentro do panorama galego e estatal, xa que a meirande parte dos municipios galegos non chegará ás taxas de reciclaxe esixidas ata 2025 ou 2026, se ben a Unión Europea endurecerá para entón as súas peticións de reciclaxe ata o 55% do lixo municipal.
O deputado responsable do Plan Revitaliza, Uxío Benítez, subliñou que a Deputación ten a idea de centrar os seus esforzos en priorizar aos concellos que deron o paso de apostar pola compostaxe e o modelo Revitaliza "para acadar os mellores datos".
Pola súa parte, a presidenta Carmela Silva, destacou o carácter "exemplar" do Plan Revitaliza. "É un modelo a seguir", asegurou ao tempo que enxalzou que a nivel estatal, europeo, como fóra da Unión Europea, "mesmo da China", estase a "mirar cara a provincia de Pontevedra para interesarse polo plan Revitaliza como un dos grandes proxectos de tratamento dos residuos orgánicos".
Relacionadas:
-
Vilaboa, O Grove e Mondariz Balneario, exemplos para toda España de boa xestión de compostaxe
Por Redacción |
-
O primeiro centro de compostaxe comunitario de Poio xa está en funcionamento
Por Oskar Viéitez |
-
O Grove instalará unha planta municipal de compostaxe xunto o Punto Limpo
Por Redacción |
-
A compostaxe revélase coma un importante nicho de emprego con moitas saídas
Por Redacción |
-
O Concello de Poio quere habilitar 15 centros comunitarios de compostaxe en todo o termo municipal
Por Redacción |
-
Illa de Príncipe dedicará dous meses a formarse en compostaxe vendo exemplos na provincia
Por Redacción |
-
Máis de 200 bueuenses achegáronse este xoves á carpa informativa sobre a compostaxe
Por Oskar Viéitez |
-
A carpa do Revitaliza chega a Bueu para informar sobre compostaxe doméstica e comunitaria
Por Redacción |
-
O composteiro do Sequelo entra en fase de repouso e habilítase un segundo caixón
Por Redacción |
-
Activan a compostaxe comunitaria en Marín con dúas charlas de formación
Por Redacción |