Nova compensación para Caldas, Cuntis e Moraña pola explotación do encoro do Umia
Por Redacción
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asinou este martes o convenio de colaboración cos concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña, en compensación pola explotación do encoro do Umia, por importe de 392.535 euros.
Mediante este convenio, os tres concellos benefícianse anualmente desta achega económica, a través de Augas de Galicia, para o financiamento de actuacións educativas e sociais nestes tres municipios.
Os concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña benefícianse cada ano da achega económica á que está obrigada a empresa concesionaria da explotación hidroeléctrica da presa de Caldas de Reis. No convenio tamén participa como entidade colaboradora a Deputación Provincial de Pontevedra, que asume o labor de administrar estes fondos autonómicos entre os tres concellos e de velar pola súa correcta aplicación.
A cantidade achegada por Augas de Galicia é de algo máis de 130.000 euros para cada un destes municipios, que poderán financiar con cargo a estes fondos actividades educativas e sociais que se organicen desde o día 1 de xaneiro de 2020 e ata o 31 de decembro deste mesmo ano.
Desde o ano 2002, a Xunta de Galicia asignou de 6,6 millóns de euros en concepto de canon de explotación do encoro de Caldas de Reis a estes municipios, que serviron para financiar actividades educativas, culturais e de asistencia social dos concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña.
Mediante este convenio, a Xunta incentiva axudas á xestión municipal e impulsa a colaboración entre administracións.
Relacionadas:
-
Demandan transparencia ao goberno de Caldas sobre a contaminación de cianobacterias no encoro do Umia
Por Redacción |
-
BNG e PSOE de Moraña, en contra da subida salarial para o alcalde popular José Cela
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Caldas, Cuntis e Moraña reciben 392.000 euros do canon de explotación do embalse do Umia
Por Redacción |
-
O BNG de Caldas acusa á Xunta de "temeraria e irresponsable" polo seu silencio ante o estado do encoro do Umia
Por Redacción |
-
Culpan ao "desleixo" das administracións do "deplorable" estado do encoro do Umia
Por Oskar Viéitez |
-
A USC estudará a incidencia das cianobacterias do encoro no proceso de potabilización da auga de Caldas
Por Redacción |