Esixen a Font que se desculpe co representante de CC.OO. na Deputación ou que "faga públicos os listados dos que fala"
Por Oskar Viéitez
A secretaria comarcal de CIG na Administración Pública, Dina Porral, ven de sair ao paso das declaracións de Carlos López Font, deputado de Réxime Interior, Economía e Facenda na Deputación Provincial de Pontevedra, nas que mostraba o seu malestar pola última protesta organizada polo sindicato Comisións Obreiras ás portas do Pazo Provincial durante o pleno no que se debatían os orzamentos para o 2021.
Font dirixiu esta mensaxe ao representante de Comisións Obreiras na Deputación e secretario comarcal deste sindicato José Ramón Piñeiro "estamos hartos de sus mentiras. Comprendemos que lleve cinco años enfadado porque ya no puede hacer lo que le venía en gana por la puerta de atrás, pero que no nos obligue a sacar listados, con nombres y apellidos, que demuestren lo que hacía. Que no nos obligue".
Dina Porral lembra ao deputado que "non pode ameazar a un representante sindical por facer uso do seu dereito a manifestarse".
Advirte a representante da CIG que "non podemos permitir que, por facer uso dos dereitos sindicais, se ameace. Menos aínda imos permitir dende a CIG que as ameazas sexan as de sacar ‘trapos sucios’ de ninguén". Por iso, engade Dina Porral "se o señor deputado coñece algo ilegal debe facelo público ou en caso contrario sería cómplice do mesmo".
"se o señor deputado coñece algo ilegal debe facelo público ou en caso contrario sería cómplice do mesmo"
Dende a CIG expresan o seu respeto o dereito de Comisións Obreiras a manifestarse públicamente pola situación do persoal de Deputación "pero tamén queremos recordarlle a Xosé Ramón Píñeiro e a CCOO que esta situación herdada tivo un cooperador necesario, e que son eles. Estas desigualdades e discriminacións xa veñen herdadas de anos atrás nos que solo negociaban Comisións Obreiras (que tiña en exclusiva a representación do persoal) e a Deputación".
Por todo isto a Central nacionalista pide a Carlos López Font "que pida públicamente perdón ao representante de Comisións Obreiras ou faga públicos os listados dos que fala".
Relacionadas:
-
Campaña "informativa" de CC.OO. para denunciar a xestión do persoal por parte da Deputación
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O goberno da Deputación ameaza con sacar os trapos sucios do secretario comarcal de CC.OO. tras montar unha nova protesta
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Comisións Obreiras ameaza con levar o programa Tropos aos tribunais se non hai negociación
Por Manu Otero |
-
Identifican a dirixentes de CC.OO pegando carteis en espazos públicos de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Comisións Obreiras inicia unha campaña contra a represión sindical e a precariedade laboral da Deputación
Por Manu Otero |