Aberto o prazo de alegacións fronte á creación do eólico Campo das Rosas
Por Redacción
O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, vén de publicar un bando informativo que será distribuído por todo o municipio co fin de informar á veciñanza da existencia dun proxecto de carácter supramunicipal que pretende instalar un parque eólico no Campo das Rosas entre os concellos da Estrada, Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade.
A intención do alcalde é informar rápida e puntualmente desta iniciativa empresarial co fin de que, quen o desexe, poda dirixirse á Xunta e presentar as alegacións que considere oportuno ao proxecto presentado por Naturgy Renovables e que pretende instalar nesa zona un total de 8 aeroxeradores.
Asemade o rexedor considera que coa publicación destes bandos preténdese afondar nunha xestión transparente e accesible para a veciñanza ante proxectos de certa envergadura como o que se plantexa.
Así, este martes o Diario Oficial de Galicia (DOG) acaba de publicar unha resolución pola que se somete a información pública o estudo de impacto amibental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de Concello de Cerdedo-Cotobade construción e aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e declaración de utilidade pública do parque eólico Campo das Rosas que afecta aos concellos da Estrada, Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade.
Segundo se desprende desta resolución, Naturgy Renovables ten previsto dedicar á posta en marcha deste parque eólico formado por 8 aeroxeradores un investimento total de 23.224.383 euros e unha potencia que se vai a instalar de 27,6 MW coa intención de producir enerxía media neta ou invertida á rede de 91.582 MWh/ano.
O proxecto contempla a instalación de 8 aeroxeradores de 3.450 kW, 2 estacións anemométricas de 94 metros de altura con torres autosoportadas equipadas con cinco anemómentros e 3 cataventos, 2 liñas soterradas a 30 kW de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores ata o centro de seccionamento, e varias liñas aerosoterradas entre o centro e os apoios.
Relacionadas:
-
Os comuneiros e o Concello crean unha comisión de seguimento ante os proxectos eólicos en marcha en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
O BNG e o PSOE alegan contra o parque eólico Campo das Rosas
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Un informe técnico ve "pouco rigoroso e incompleto" o estudio de impacto ambiental do parque eólico "Campo das Rosas"
Por Redacción |