O BNG e o PSOE alegan contra o parque eólico Campo das Rosas
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Membros do BNG e do Partido Socialista veñen de presentar alegacións á construcción e aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e declaración de utlidade pública do proxecto do parque eólico Campo das Rosas. Un proxecto de Naturgy que afecta aos concellos de Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro e A Estrada.
O BNG demanda un novo Plan Eólico participativo, que exclúa as áreas de gran valor ambiental e teña garantías de participación pública nos beneficios.
Os nacionalistas sinalan que o Bloque foi sempre partidario de impulsar as enerxías renovables partindo de dúas premisas básicas: "o coidado do medio e que os beneficios redunden na cidadanía e no desenvolvemento económico dos concellos rurais", pero neste caso entende que "ningunha destas premisas básicas concorren neste proxecto, que responde máis ben a un modelo depredador e espoliador dos nosos recursos para beneficio única e exclusivamente das compañías eléctricas, que é polo que apostan tanto a Xunta como o goberno do Estado".
O portavoz municipal do BNG en Cerdedo-Cotobade, Ernesto Filgueira propón "paralizar cautelarmente o proxecto, xa que existe un claro fraude de lei pola fragmentación do parque para sortear a avaliación ambiental conxunta e insta á Xunta a impulsar un novo Plan Sectorial Eólico participativo e dialogado".
Para o BNG é preciso un "cambio de modelo" e un novo plan sectorial eólico que exclúa realmente as zonas de alto valor ambiental e con garantías de participación pública dos beneficios do sector.
PARTIDO SOCIALISTA
O PSOE de Cerdedo-Cotobade tamén presentaron alegacións e valoran a posibilidade de solicitar un Pleno extraordinario, para iso pedirán unha reunión co BNG para obter entre ambas forzas a maioría legal de membros da Corporación para a celebración de Plenos extraordinarios.
Os socialistas amosáronse en contra destes proxectos porque "causan un grave impacto no medio ambiente, no noso patrimonio e na saúde debido á proximidade dos aeroxeneradores aos núcleos habitados".
"Dada a situación de desinformación existente" desde o grupo do PSOE solicitan que se celebre un Pleno extraordinario para que se informe sobre o impacto ambiental deste proxecto, instando ao concello a presentar alegacións como parte afectada e dando así resposta a unha petición veciñal.
"Pedimos que se nos informe da totalidade dos proxectos que afectan ás diferentes parroquias do noso concello e en que fase se atopan", dixo a voceira Lina Garrido.
Relacionadas:
-
O Pavillón de Carballedo recolle a preocupación da veciñanza polo proxecto eólico
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta asegura aos concellos que non aprobará parques eólicos fóra de áreas autorizadas na lei do 97
Por Redacción |
-
O BNG de Cerdedo Cotobade esixe melloras na seguridade viaria na contorna do centro cultural Nélida Piñón
Por Redacción |
-
A cara oculta dos parques eólicos desvelarase este venres 30 no Teatro Principal
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Os comuneiros e o Concello crean unha comisión de seguimento ante os proxectos eólicos en marcha en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Piden paralizar o trámite de construción do parque eólico Campo das Rosas e Porto Vidros por "incumprir a normativa ambiental"
Por Redacción |
-
Un informe técnico ve "pouco rigoroso e incompleto" o estudio de impacto ambiental do parque eólico "Campo das Rosas"
Por Redacción |
-
Aberto o prazo de alegacións fronte á creación do eólico Campo das Rosas
Por Redacción |