A cara oculta dos parques eólicos desvelarase este venres 30 no Teatro Principal
Por Mónica Patxot & María José Pita
O Bloque Nacionalista Galego continúa coa súa campaña informativa sobre as pescudas que están a facer os seus deputados autonómicos ao redor dos proxectos de parques eólicos que está a impulsar a Xunta de Galicia e que, segundo os nacionalistas, carecen de transparencia e bo goberno, e onde se prima aos intereses privados.
Coa participación dos deputados Luís Bará e Noa Presas, o BNG ofrecerá este venres 30 de abril ás 20 horas Teatro Principal de Pontevedra unha charla-coloquio sobre os parques eólicos baixo o título de "Por un Plan eólico público, xusto, sustentábel, e que xere riqueza no territorio. Non ao espolio eléctrico". O acto está aberto a todas as persoas e colectivos interesados pero, debido ás restricións de aforo por mor da situación sanitaria, haberá que reservar butaca previamente nos teléfonos da sede do BNG en Pontevedra: 986 866 205 ou 620 262 802. Tamén será transmitido a través do facebook do BNG Pontevedra-Caldas.
Na presentación deste acto, o responsable comarcal, Demetrio Gómez, falou do momento histórico que está a vivir o mundo coa transición enerxética que busca substituír os combustibles fósiles por enerxías renovables, un proceso que o BNG apoia desde o primeiro momento en Galicia, "polo noso compromiso ambiental, porque somos unha potencia na produción de enerxía, e neste proceso podemos selo aínda máis, e porque estamos diante dunha oportunidade histórica para o desenvolvemento económico, industrial, tecnolóxico, social e ambiental do noso país".
Denuncia Demetrio Gómez que "a Xunta e o PP están colocados do lado das empresas multinacionais, cuxo único obxectivo é mellorar a súa conta de beneficios" e espoliando a riqueza de Galicia. Neste sentido, Gómez lembra a estratexia da Xunta de manter unha lexislación obsoleta ao tempo que impulsa outras normas que van en contra do territorio, como é o caso "da coñecida popularmente como Lei de depredación", en alusión á Lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais de 2017 moi criticada polos nacionalistas porque consideran que elimina as garantías medioambientais nos grandes proxectos industrias. Con esta actitude da Xunta, "o que podería ser unha oportunidade para Galiza convértese nun espolio da nosa riqueza", afirma o responsable comarcal.
Dende o BNG están a recabar toda a información sobre os novos polígonos e informando dos mesmos á veciñanza da comarca de Pontevedra. En concreto, dos parques eólicos que afectan nestes momentos a concellos como Moraña, Cerdedo-Cotobade ou, co proxecto aínda sen desenvolver, ao monte da Fracha, entre os termos municipais de Pontevedra e Soutomaior. O responsable comarcal do BNG afirmou que a organización nacionalista leva xa unhas semanas con esta campaña, con actos informativos en Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade, e cunha visita á parroquia de Borela para observar in situ onde se pretende instalar un parque eólico, coa sorpresa de que os muíños vanse situar a menos dun quilómetro de vivendas.
De todas estas xestións darase conta no acto deste venres 30 no Teatro Principal, onde Demetrio Gómez, como responsable comarcal do BNG, presentará os relatores. Os deputados autonómicos explicarán a situación actual dos parques eólicos froito das súas investigacións. Neste sentido, dentro da súa actividade no Parlamento galego, Luís Bará forma parte da Comisión de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, e Noa Presas é a portavoz de Industria do BNG así como integrante da Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo.
Relacionadas:
-
O BNG de Cerdedo-Cotobade presenta alegacións aos eólicos de Siroco, Tramontana e Rula
Por Redacción |
-
Marcha do BNG este domingo desde Xustáns á Fracha contra a construción dun megaproxecto eólico na zona
Por Redacción |
-
O Pavillón de Carballedo recolle a preocupación da veciñanza polo proxecto eólico
Por Oskar Viéitez |
-
A corporación de Cerdedo-Cotobade apoia as alegacións do Concello ao parque eólico de Porto Vidros
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade alegará contra o parque eólico de Porto Vidros
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade ofrece asistencia técnica aos seus veciños para alegar contra o proxecto de parque eólico Siroco
Por Redacción |
-
Piden paralizar o trámite de construción do parque eólico Campo das Rosas e Porto Vidros por "incumprir a normativa ambiental"
Por Redacción |
-
O BNG e o PSOE alegan contra o parque eólico Campo das Rosas
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Tramitan un novo parque eólico entre Cerdedo-Cotobade e Forcarei
Por Redacción |
-
Autorizan un novo parque eólico en Cuntis, Campo Lameiro e Cerdedo
Por Redacción |