Convocada unha reunión telemática para abordar a situación do proxecto do parque eólico do Monte Castrove
Por Redacción
O Concello de Poio celebrará o vindeiro xoves, día 5 de agosto, unha reunión telemática, na que se abordará a situación do proxecto do parque eólico que se pretende instalar no Monte Castrove.
O obxectivo deste encontro virtual é dar a coñecer o tecido asociativo do municipio a postura do Concello contra esta actuación.
Ademais, tamén se achegará información sobre o devandito proxecto e se darán a coñecer os mecanismos que a Administración municipal porá a disposición daqueles veciños e colectivos que estean interesados tanto en consultar a documentación como na presentación de alegacións. Os detalles do proxecto pódense consultar xa na páxina web da Consellería de Medio Ambiente.
A reunión levarase a cabo a través da plataforma dixital ZOOM e comezará ás 20.00 horas. As persoas que desexen conectarse á mesma deberán enviar previamente un correo a participa@concellopoio.gal , no que deberá constar unha dirección de mail, á cal se lle remitirá a ligazón de ZOOM uns minutos antes do inicio do encontro on line.
Por outra banda, nos vindeiros días volverá a convocarse a Xunta de Portavoces para continuar traballando na elaboración dunha alegación conxunta a través das achegas de todos os grupos da Corporación municipal, tal e como se acordou no último Pleno ordinario, no que tamén se aprobou impulsar unha declaración institucional en favor das persoas afectadas polo proxecto.
Relacionadas:
-
Andaina dende a Escusa en sinal de protesta polo Parque Eólico no Castrove
Por Redacción |
-
A corporación de Poio ultima a elaboración da súa alegación conxunta contra o proxecto do parque eólico do Castrove
Por Redacción |
-
A plataforma veciñal "Non ao Parque Eólico do Castrove" convoca unha reunión aberta
Por Oskar Viéitez |
-
Representantes do BNG visitan o Monte Castrove para mostrar a súa oposición ao proxecto de parque eólico
Por Redacción |
-
Goberno de Poio e oposición alegarán de forma conxunta contra o proxecto eólico no Castrove
Por Redacción |
-
Unanimidade no pleno de Poio contra o proxecto de parque eólico do Monte Castrove
Por Redacción |
-
Recollida de sinaturas contra o parque eólico previsto en Castrove
Por Redacción |
-
Proxectan un parque eólico de 587 hectáreas e catro aeroxeradores no Monte Castrove
Por Alejandro Espiño |