3.000 citas foron xestionadas entre 160 empresas de Madrid e Valencia para promover as Rías Baixas
Por Redacción
A presidenta provincial Carmela Silva viaxaba estes días a Madrid e Valencia, cidades nas que comprobaba a gran acollida dos workshops da Deputación de Pontevedra nos que participan trinta empresas das Rías Baixas.
Nestas accións xestionáronse máis de 3.000 citas entre estas empresas da provincia e un total de 160 entidades de Valencia e Madrid para promocionar as Rías Baixas como destino turístico.
Carmela Silva cre que 2022 será "un ano histórico para o turismo" e que todo está preparado para que "o recibimento sexa unha festa". Segundo manifestou, estes encontros celebrados servirán para xerar riqueza sumando as sinerxias de "dous grandes lugares deste país" para confirmar o optimismo de fronte ao próximo ano no que espera a total reactivación do sector.
Destacou a importancia dos fondos europeos Next Generation para impulsar a actividade turística. Nestes encontros promoveuse con especial detalle as posibilidades do Castelo de Soutomaior e do Museo de Pontevedra como atractivos para os visitantes.
Segundo a Deputación as firmas valencianas e madrileñas mostraron o seu notable interese polas potencialidades do destino Pontevedra Provincia. Na comarca de Pontevedra, o patrimonio e o turismo cultural centraron os encontros mentres que no caso do Salnés, o enoturismo converteuse en protagonista de numerosas citas no workshop.
PARTICIPACIÓN NO ENCONTRO SOBRE MOBILIDADE EN ZARAGOZA
A presidenta provincial tamén asistía este venres ao VI Encontro de Cidades para a Seguridade viaria e Mobilidade Sustentable, que organiza a Dirección Xeral de Tráfico, a Federación Española de Municipios e Provincias e o concello de Zaragoza.
Carmela Silva formou parte da mesa de debate sobre o reto da comunicación na nova mobilidade urbana e explicou o proceso de transformación deste novo modelo centrado nas peronas e en converter os espazos públicos en lugares de convivencia, destacando o traballo que no últimos seis anos impúlsase desde a Deputación para cambiar as estradas provinciais.
Recoñeceu a importancia da comunicación como "sinónimo de transparencia e participación" dentro do ámbito democrático. Afirmou que "a xente é moi intelixente e asume moi ben os cambios que melloran a súa calidade de vida. Non hai mellor elemento de comunicación que ensinar o antes e o despois", explicou durante a súa intervención para destacar a importancia de que a poboación infantil volva xogar en espazos públicos dentro destes modelos de mobilidade.
Na mesa redonda tamén participaron Alfonso Gil, tenente de Alcalde de Bilbao e Natalia Chueca, concelleira de Servizos Públicos de Zaragoza.
Relacionadas:
-
Os novos retos de seguridade e a dixitalización nas estradas centraron o peche do XXV Congreso Vyodeal
Por Redacción |
-
A provincia rexistrou unha ocupación hoteleira do 75% na ponte do Pilar
Por Oskar Viéitez |
-
Debaten como a mellora do espazo público converte ás cidades en "localidades atractivas"
Por Redacción |
-
A Deputación, anfitrioa do 25 Congreso Vyodeal, que reunirá en Pontevedra a expertos en mobilidade
Por Natalia Puga |
-
O mellor setembro da última década no Museo de Pontevedra, con picos de 1.300 visitas diarias
Por Redacción |
-
A Deputación fará achegas á Declaración de Bilbao por unha mobilidade urbana máis sostible, coa que concorda ao 85%
Por Redacción |
-
A Deputación difundirá Pontevedra como destino turístico ante empresas do sector en Madrid e Valencia
Por Redacción |