O PSOE ve "impúdica, infame e noxenta" a campaña do PP contra Carmela Silva
Por Alejandro Espiño
Para o PSOE, a campaña emprendida polo PP para "desacreditar" a Carmela Silva é "impúdica, infame e noxenta" e advirten que estudan toman medidas "de todo tipo", incluídas as xudiciais, para "facer fronte a estas calumnias".
Así o asegurou o deputado Carlos Font, portavoz do PSOE na Deputación de Pontevedra, que lamenta que os populares "queiran converter a política nun depósito de lixo" e acúsaos de ser un partido "que adoita moverse entre verteduras".
Font censurou esta campaña de "persecución" contra Silva, que cualifica dunha persoa "absolutamente honesta" á que o PP "teme politicamente" e por iso, engadiu, organizan estes "ataques furibundos orquestrados en base a calumnias e mentiras".
Tras aseguran que os populares "se saltan a legalidade á toureira", o deputado socialista defendeu que a sentenza do Supremo sobre o caso do enchufe da cuñada de Silva no Concello de Vigo é " clarísima" porque demostra que ela "non ten implicación algunha".
"Non foi investigada, nin imputada, nin sequera foi chamada como testemuña", lembrou Carlos Font, que engade que a sentenza "a desvincula absolutamente de calquera participación".
O portavoz do PSdeG-PSOE asegurou estar "sorprendido" de que un partido "condenado por corrupción" mediante sentenzas firmes "poida protagonizar un ataque tan impúdico e vergoñoso que só pretende manchar a imaxe intachable da presidenta".
"Que este partido, con todas as mochilas que ten ás súas costas, veña agora a tentar desacreditar a honra dunha política con maiúsculas como Carmela Silva é, simplemente, unha obscenidade", sentenciou Font.
O dirixente socialista apuntou a este respecto que Galicia "aínda está a esperar" que o PP dea explicacións da relación do seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, "cun narco".
Relacionadas:
-
Carmela Silva critica a actitude do PP coas alcaldesas de Cambados e Porriño ás que "maltrataron cunha crueldade que eu nunca vira"
Por Oskar Viéitez |
-
Desestimada a petición do PP para convocar un pleno extraordinario na Deputación para falar do "caso cuñada"
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva sobre a petición de dimisión do PP: "O lixo déixollo para o señor Rueda e para o señor Feijóo que é onde lles gusta estar"
Por Oskar Viéitez |
-
Regades optará á reelección como secretario provincial do PSOE no congreso que haberá en febreiro
Por Oskar Viéitez |
-
O PP pedirá un pleno extraordinario na Deputación para esixir a dimisión a Carmela Silva
Por Redacción |
-
O PSdeG de Formoso 'reármase' con Carmela Silva como presidenta
Por Redacción |
-
O PP pide a dimisión de Carmela Silva de todos os seus cargos "por responsabilidade política, por ética e por dignidade"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |