Suspendido o Enterro da Sardiña de Marín
Por Redacción
A celebración do Enterro da Sardiña 2022, que tería lugar o mércores 2 de marzo, foi suspendida.
Iso si, nos diferentes colexios de Marín ata 12 anos convocarán o II Concurso de Debuxos do Enterro da Sardiña. O prazo de entrega pecha o 25 de febreiro.
A modo de recordatorio, desde o Ateneo Santa Cecilia explicaron que nas datas previas á celebración colocarán nas principais zonas de Marín anunciando o Enterro e a súa suspensión. Ademais, solicitarán ao Concello a colocación na zona acristalada do Multiusos dunha Exposición de diferentes elementos do Enterro.
Por outra banda, en relación ao tradicional Concurso de Orellas e Filloas, a organización está estudando a posible realización adoptando tódalas medidas de prevención. No caso de realizarse sería o martes de Entroido, día 1 de marzo e faríase a convocatoria previa coas condicións de participación.
Relacionadas:
-
O dó pola traxedia do Villa de Pitanxo reduce as actividades do Entroido en Marín
Por Redacción |
-
Festas infantís, animación e exposicións no Entroido 2022 de Marín
Por Redacción |
-
Marín quere que o Enterro da Sardiña sexa festa de interese turístico de Galicia
Por Redacción |
-
O Entroido de Vilagarcía recupera o desfile de disfraces pero perde o certame de comparsas e o baile infantil
Por Redacción |
-
Reunión no Concello de Marín para deseñar as actividades do Entroido
Por Redacción |
-
Suspenden a Festa do lacón con grelos de Cuntis
Por Redacción |
-
Cancelan o desfile e os enterros tradicionais do Entroido en Poio
Por Redacción |