Petición de Benestar Social á Xunta dunha achega de máis de 2 millóns de euros para programas do Plan Concertado
Por Redacción
Este luns a Xunta de Goberno Local aprobaba unha petición para solicitar á Consellería de Política Social da Xunta unha cantidade de 2,1 millóns de euros para abordar gastos de persoal, prestación do Servizo de Axuda no Fogar e execución de diversos programas de Benestar Social que se executan dentro do Plan Concertado para este 2022.
Tamén se aprobaba a programación elaborada pola concellería de Benestar Social, que dirixe Marcos Rey, para acometer programas de servizos sociais comunitarios. Este orzamento global ascende a máis de 4,3 millóns de euros. Esta cifra vai repartirse en 1.049.842 euros a persoal; 179.040 para o servizo básico de Axuda no Fogar; 2.440.912 euros para Axuda no Forgar para Persoas Dependentes; e 709.625 euros destinados a programas de información e orientación, aloxamento alternativo, apoio á unidade de convivencia, entre outras actuacións.
Marcos Rey indica que se trata de competencias que corresponden á Xunta de Galicia pero o Concello de Pontevedra asume algo máis da metade destes investimentos do Plan Concertado e, por este motivo, reclama á administración autonómica só un 50% do que "en realidade tería que achegar".
O investimento municipal aprobado para este ano nestes conceptos é de 2.122.351 euros, dividido en 703.902 euros para persoal; 157.555 ao programa básico; 854.319 ao programa de Axuda non Fogar para Persoas Dependentes; e 406.574 para o resto de programas.
A petición á Xunta é de 345.940 euros para persoal para 21 postos de traballo; 21.484 para programa básico de Axuda non Fogar; 1.586.592 euros para o programa para persoas dependentes; e 150.000 euros para outros programas de información e orientación, entre outros.
Relacionadas:
-
Pontevedra duplicará o custo do SAF para incrementar en 40.000 as horas de atención a dependentes
Por Redacción |
-
O servizo de axuda no fogar de Poio incrementará o número de horas
Por Oskar Viéitez |
-
Marcos Rey recorda ao PP que os servizos sociais son competencia da Xunta
Por Redacción |
-
Os populares critican que Benestar Social pida axuda á Xunta para financiar competencias municipais
Por Redacción |
-
Pontevedra incorpora tres traballadoras sociais para evitar a exclusión social de persoas vulnerables
Por Redacción |
-
Benestar Social activa un sistema que permitirá notificar as citas por SMS aos usuarios de Servizos Sociais
Por Redacción |