O robot cirúrxico Da Vinci opera por primeira vez en Montecelo un caso de cancro de colo
Por Redacción
Profesionais do servizo de Otorrinolaringoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP), coordinados polo xefe deste servizo, o doutor Ismael Arán González, realizaron no hospital Montecelo a súa primeira intervención cirúrxica coa técnica de cirurxía robótica transoral -para boca e gorxa- a través do robot cirúrxico Da Vinci.
Un equipo de cirurxía robótica, composto por otorrinolaringólogos, enfermeiros e anestesistas, interveu un caso de cancro de colo.
A través dunha consola que permite aumentar ata dez veces o tamaño da imaxe, os doutores guiaron ao robot Da Vinci que, grazas á súa capacidade e alta precisión de movementos, permitiu unha intervención que tamén reduce o risco de complicacións.
O Da Vinci dispón dunha consola de control con mandos ergonómicos e unha columna móbil, da que parten catro brazos nos que, en función da intervención a efectuar, adáptanse diversos instrumentos que se introducen no paciente para levar a cabo a cirurxía.
Ademais, un destes brazos introduce unha cámara que permite visionar en tres dimensións as estruturas dentro do paciente, amplificando con precisión as imaxes cun grao de nitidez moi elevado.
Os otorrinolaringólogos do Chup logran aumentar as precisións da cirurxía grazas a esta tecnoloxía que, segundo sinala o doutor Arán "é moi intuitiva, pero require unha formación previa, dado que permite determinadas abordaxes, ángulos e movementos que nas cirurxías por vía laparoscópica presentarían unha maior limitación".
Ismael Arán engade que "o Da Vinci nos aporta na nosa área sanitaria desde 2021 técnicas que permiten acceder a lugares aos que é máis complicado ou imposible con outras cirurxías, pois reduce as cicatrices que, aparte dos problemas estéticos que supoñen, poden limitar a fala ou a deglución, evita ademais a necesidade de utilizar unha sonda nasogástrica no postoperatorio e problemas para que a persoa operada poida comunicarse e comer sen problema os días seguintes".
Relacionadas:
-
O Servizo de Xinecoloxía do Hospital Provincial consolida o uso do robot cirúrxico Da Vinci para intervencións complexas de procesos oncolóxicos
Por Redacción |
-
O CHUP lembra a importancia de participar nos cribados contra o cancro colorrectal
Por Redacción |
-
O cribado de cancro de cérvix estenderase a Pontevedra en xuño
Por Redacción |
-
Unha xornada sobre solo pelviano avanzará na vindeira creación dunha unidade multidisciplinar en Montecelo
Por Redacción |
-
Estrea de dous novos equipos radiocirúrxicos no Hospital Montecelo
Por Redacción |
-
Un novo robot permitirá axilizar os resultados de probas PCR na área sanitaria ao dar 300 resultados en oito horas
Por Redacción |