O PP esixe a Lores que abandone a súa "obsesión" coa Barca e reabra a ponte nuns días
Por Alejandro Espiño
O próximo xoves 5 de decembro é a data, segundo o portavoz municipal do PP, Jacobo Moreira, na que Acuaes rematará as obras que está facendo na PO-308 e que supuxeron o corte de tráfico na Barca. De aí que cinco semanas despois de pecharse a ponte en sentido de saída, os populares agardan que el "sentido común" volva ao goberno municipal "y el dúo Lores-Mosquera abandone su obsesión".
Moreira avanzou que se iso non ocorre, é dicir, se o alcalde e o seu "mentor urbanístico" non rectifican e "siguen sin escuchar a los concellos de Poio y Sanxenxo, a los comerciantes de Echegaray y otras calles directamente afectadas y a los miles de conductores y vecinos que ni comprenden ni comparten esa obsesión por complicarles la vida", o seu grupo municipal solicitará a convocatoria dun pleno extraordinario sobre este asunto.
Nel buscan que "por lo menos el alcalde dé la cara y justifique su fijación", xa que afirma que o corte de tráfico "no está siquiera derivado de una mejora urbana, sino del corte irracional de una vía pública en perfecto estado para su utilización". Ademais, o voceiro popular lembrou que a fin de semana da Constitución marca o inicio da campaña de Nadal, que multiplica o tráfico na cidade e especialmente no contorno de centros comerciais como o da Barca.
"Queremos que el alcalde dé la cara, porque sólo aparece para recibir premios y entregar ramos de flores", afirmou o voceiro popular, quen foi máis aló. Asegurou que Fernández Lores se dedica a "pasear por España, durmiendo en hoteles de 150 euros la noche que pagamos todos, sin justificación de ningún tipo y clamando contra un sistema cruel y corrupto, pero sin dar ningún tipo de explicación a los vecinos".
Nesta mesma liña, Jacobo Moreira criticou o informe asinado pola Policía Local co que o goberno defendeu o corte na Barca. Dixo Moreira que o contido deste documento, "no es más que una larga sucesión de afirmaciones obvias, acompañadas de datos numéricos sobre el uso de las distintas calles, para llegar a unas conclusiones que justifiquen lo decidido por el alcalde, lo que tan solo puede hacer de un modo timorato y cohibido, sin rastro del supuesto éxito".
O CONCELLO AÍNDA NON TOMOU UNHA DECISION
A este respecto, desde o goberno municipal a concelleira de Seguridade Cidadá, Carme da Silva, afirmou que, a día de hoxe, non se tomou aínda unha decisión sobre A Barca. Por saber, aínda non está claro sequera, segundo indicou, a data na que se concluirán as obras actuais e iniciaranse os traballos en Domingo Fontán, o que obrigaría a adoptar un novo dispositivo de tráfico por parte da Policía Local.
Carme da Silva explicou que a intención da empresa Acuaes era, inicialmente, comezar en Domingo Fontán sen acabar na Barca, algo que provocaría, sinalou, un "colapso absoluto" nesa zona da cidade. En canto saiban "con claridade" o calendario destes traballos decidiranse as medidas a tomar, aínda que tendo en conta que haberá que conxugalas co dispositivo que habitualmente se pón en marcha no Nadal.