A entrega da residencia para persoas con parálise cerebral do Centro Sur atrásase ata comezos de 2023
Por Oskar Viéitez
A Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra aprobou este luns a concesión dunha nova prórroga, neste caso dun mes e medio máis para as obras de rehabilitación do Centro Sur para acondicionalo como unha residencia para persoas con parálise cerebral xestionada por Amencer-Aspace.
O prazo de entrega estaba fixado para o próximo día 10 de novembro polo que agora as obras prolónganse ata finais de ano. O proxecto está financiado con fondos FEDER.
Anabel Gulías lembrou que "tivemos unha primeira ampliación do prazo de execución de catro meses e, sobre este prazo, agora sumaremos un mes e medio máis". Durante este tempo remataranse "xa só pequenos retoques, cuestións pequenas que farán que o centro quede a disposición dos seus usuarios a principios do ano 2023".
A portavoz do Goberno lembrou que "hai uns meses tivemos que realizar unha obra de emerxencia por mor dunhas humidades que se detectaron durante o proxecto que fixeron cambiar todas as xanelas do edificio". O orzamento para este proxecto foi de 1.547.129 euros, xunto co desta citada actuación de emerxencia.
Doutra banda, a edil sinalou que comezou o proceso administrativo para a concesión demanial do mesmo centro, "unha condición sine qua non e así ou fixemos constar na candidatura dúas EDUSI, para que este centro estivese xestionado polas propias asociacións que mellor coñecen as necesidades dás persoas con parálise cerebral. Estamos xa traballando neste expediente e finalizarán a finais de ano para facer realidade a concesión".
Por último, Gulías lembrou que queda pendente a creación dun centro de día de Cogami-Amizade neste edificio, proxecto candidato tamén a fondos europeos EDUSI, e que pronto sairá á luz o proxecto de licitación.
Relacionadas:
-
Amencer-Aspace agarda iniciar a súa actividade na residencia de Centro Sur en setembro de 2023
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Cinco entidades da discapacidade piden a instalación dun gran cambiador inclusivo en Pontevedra
Por Redacción |
-
A futura residencia de Amencer-Aspace no Centro Sur vai tomando forma
Por Redacción |
-
Amencer Aspace estreará en oito meses unha residencia no Centro Sur con prazas para 32 usuarios
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Adxudicadas por 1,5 millóns as obras de reforma do Centro Sur de Campolongo
Por Redacción |
-
O Centro Sur de Campolongo albergará unha residencia para persoas con parálise cerebral
Por Alejandro Espiño |