ENCE celebra que o Supremo "despexe a incerteza" sobre o seu futuro en Lourizán

Por Alejandro Espiño
A sentenza íntegra do Tribunal Supremo sobre a fábrica de Ence en Pontevedra "despexa a incerteza" sobre o futuro deste complexo industrial, segundo celebra a compañía.
A través dun comunicado remitido aos medios tras coñecerse o contido deste fallo, a dirección da empresa pasteira destaca que o alto tribunal "avala a validez" da prórroga concedida para que a fábrica siga ocupando terreos de Costas ata 2073.
Esta sentenza, subliñan desde Ence, deixa "sen valor nin efecto algún" os ditames da Audiencia Nacional que, atendendo aos recursos presentados polo Concello de Pontevedra e Greenpeace, anulara dita autorización baseándose na Lei de Costas.
A compañía engade que a decisión do Supremo "é firme e senta xurisprudencia" e confirma que a resolución pola que se concedeu dita prórroga "axústase ao ordenamento xurídico".
Entre outras cuestións, Ence destaca que este proceso dirimiu unha cuestión xurídico administrativo "e en ningún caso ambiental", como ao seu xuízo, "os demandantes tentaron transmitir fóra do proceso xudicial".
A súa fábrica en Pontevedra, insisten os responsables da empresa, "cumpre holgadamente" toda a normativa ambiental vixente, algo que "alude expresamente" o Supremo que asegura que iso queda "cuberto" polas autorizacións outorgadas pola administración.
A sentenza do Tribunal Supremo "achegan á compañía a seguridade necesaria para acometer os seus plans de futuro nesta fábrica e no resto do grupo", engade Ence.
A empresa asegura que seguirá centrada "en crear riqueza e emprego sostibles" en Galicia a través da actividade desta planta, "que se manterá sempre á vangarda en eficiencia, mellores tecnoloxías dispoñibles e sustentabilidade".
Ademais, Ence promete iniciar "de forma proactiva" un diálogo coa sociedade coa que convive o seu complexo industrial e reactivar "inmediatamente" o seu plan social, mediante o que inviste tres millóns de euros anuais en diversos proxectos sociais.
Relacionadas:
-
Un equipo liderado por un ex ministro de Zapatero asume a loita xudicial do Concello contra ENCE
Por Alejandro Espiño |
-
Greenpeace ve na postura do Supremo sobre ENCE unha "visión moi restritiva da protección" do litoral
Por Redacción |
-
O Concello presenta un "incidente de nulidade" para que a sentenza de ENCE volva á Audiencia Nacional
Por Oskar Viéitez |
-
Ana Cedeira, sobre o recurso que o Concello estuda presentar á sentenza de Ence: "A nivel xudicial pouco ten que facer"
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |
-
Lores afirma que a sentenza de Ence abre novas posibilidades de recurso e garante que o Concello "vai seguir loitando"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O voto particular contra a sentenza do Supremo sobre ENCE advirte do "dano irreversible" ao litoral
Por Alejandro Espiño |
-
Os informes ambientais, a 'clave' para que o Supremo avalase a continuidade de ENCE ata 2073
Por Alejandro Espiño |