UXT sospeita da privatización do centro de menores Avelino Montero
Por Oskar Viéitez
O sindicato UXT deu a voz de alarma ante a "eliminación de catro postos de traballo, coa categoría de educadores" no Centro de reeducación xuvenil Avelino Montero, que vén de comunicar a Consellería de Política Social e Xuventude
Este sindicato quere "expoñer á cidadanía esta situación" da que sospeita que "moi posiblemente" sexa unha manobra "previa á privatización do centro de menores" coa "repercusión laboral e social na nosa cidade de Pontevedra".
Este luns, o secretario xeral de UXT-Pontevedra, Ramón Vidal ofrecerá todos os detalles en rolda de prensa desta decisión da que manifesta que "minguar o persoal do Centro, sobre todo nesta categoría, cerna a finalidade reeducativa, é incomprensible".
Ramón Vidal lembra que "se está a realizar na actualidade unha remodelación de máis dun millón de euros" nas instalacións do Avelino Montero "prevendo un incremento de prazas na atención e reeducación de menores infractores".
Relacionadas:
-
A Xunta sostén no Parlamento de Galicia a súa aposta pola continuidade da xestión pública do Centro Avelino Montero
Por Anxo Lourido |
-
Cuarta concentración de persoal para denunciar o desmantelamento paulatino do centro de menores Avelino Montero
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Nova protesta pola eliminación de educadores no Avelino Montero: "o centro non pode ser un aparcamento de menores"
Por Anxo Lourido |
-
Protesta do persoal no Avelino Montero ante o temor de que a Xunta privatice o centro titelar de menores
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Temen a privatización do Centro de Menores Avelino Montero ao non cubrir catro prazas de educadores
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Nova protesta contra o impago de Mersant aos vixilantes de seguridade do Centro Avelino Montero
Por Redacción |