ADEGA presentará, grazas a doazóns cidadás, un recurso no TSXG contra o proxecto eólico Touriñán III-2
Por Redacción
A asociación ecoloxista ADEGA logrou os fondos para presentar un recurso contencioso-administrativo no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia coa intención de paralizar o proxecto eólico Touriñán III-2, de Greenalia.
O colectivo solicitará a detención cautelar deste proxecto industrial que afecta os municipios de Campo Lameiro, Cuntis e A Estrada.
A campaña de recadación de fondos a través de micromecenado 'Ti Podes Paralos' logrou 7.300 euros, cantidade necesaria para acometer este procedemento, grazas a doazóns cidadás.
Entidades locais como a plataforma Amil Sen Eólicos, a asociación Lobo colaboraron nesta recadación dentro dunha campaña tamén apoiada por Rapa das Bestas.
O Colectivo do Vento de Campo Lameiro denuncia, pola súa banda, que este proxecto que, segundo ADEGA, afectará ás traídas veciñais e hábitats prioritarios, non é o único proxecto que afectará á zona. Alertan de que Campo Lameiro vai verse ameazado por oito proxectos de polígonos eólicos. Para sensibilizar á veciñanza, esta agrupación solicitou unha charla o 6 de outubro do Observatorio Eólico de Galicia, que levará a cabo no Auditorio municipal.
Relacionadas:
-
O TSXG decreta a suspensión cautelar de 13 parques eólicos tras a sentenza do Tribunal Supremo
Por Redacción |
-
Multitudinaria mobilización en Amil "contra os gobernos e especuladores"
Por Redacción |
-
Atopan "a maior poboación de Galicia" dunha planta en perigo de extinción nunha zona onde hai parques eólicos proxectados
Por Oskar Viéitez |
-
Petición do BNG ao Concello de Cerdedo-Cotobade para iniciar accións xudiciais que deteñan os parques eólicos
Por Redacción |
-
Adega abre dúas vías de crowdfunding para loitar contra os proxectos eólicos das Penizas e Touriñán III-2
Por Redacción |
-
Rexistran duascentas alegacións contra o parque eólico de Greenalia en Campo Lameiro
Por Redacción |
-
Autorizan un novo parque eólico en Cuntis, Campo Lameiro e Cerdedo
Por Redacción |