As "demandas totalmente asumibles" da plataforma Loita obteñen o apoio de Soutomaior
Por Redacción
A plataforma Loita creada para loitar polos dereitos dos nenos, nenas, nais e adolescentes acaba de sumar un novo apoio ás súas reivindicacións, o do Concello de Soutomaior.
O alcalde e a concelleira de Sanidade e Benestar Social, Manu Lourenzo e Rosana Martínez, mantiveron unha xuntanza con representantes da plataforma para coñecer o seu traballo e as súas reivindicacións.
Rematada a reunión, Rosana Martínez subliñou que se tratan dunhas "demandas totalmente asumibles", posto que son medidas que xa se recollen nas guías técnicas do Sergas e Manu Lourenzo lembrou que as reivindicacións desta plataforma tamén son defendidas, entre outros organismos e administracións, polo Ministerio de Sanidade e a Organización Mundial da Saúde (OMS).
Lourenzo insistiu en que desde o Goberno local "apoiamos que a plataforma Loita reclame que se apliquen de maneira igualitaria en todas as áreas sanitarias estas guías e se garantan os dereitos hospitalarios das nais xestantes e dos menores".
Desde a plataforma, segundo recolle o Concello a través dun comunicado, lembran que estas demandas son "algo polo que levan anos loitando un gran número de sanitarios e sanitarias, especialmente dentro do sector das matronas, e agora sumouse a voz das nais para dar máis forza a estas reivindicacións".
As representantes da plataforma Loita explicaron que as súas reclamacións pasan porque en todas as áreas sanitarias de Galicia se respecten de maneira igualitaria os protocolos das guías técnicas do Sergas en canto ao tratamento de menores e nais xestantes. Así, reivindican principalmente que se cumpra a Lei de Atención Temperá e se garanta o dereito dos menores a estar acompañados en calquera proba médica.
Tamén demandan que as nais xestantes poidan estar acompañadas durante os nacementos por cesárea e que se garanta sempre o ‘pel con pel’ entre a nai e o recentemente nado, a non ser que haxa unha situación médica excepcional que o imposibilite. Por outra parte, reclaman que se aumente a lactancia materna e se mellore o servizo de asesoría para garantir unha atención de calidade a todas as nais xestantes.
Relacionadas:
-
O Parlamento galego instará á Xunta a establecer un protocolo único nos partos con cesárea
Por María José Pita |
-
A plataforma LOITA consegue o compromiso de que no Provincial se revisarán os protocolos nas cesáreas
Por María José Pita |
-
'Loita' busca apoios nas alcaldías para que os partos respectados no Hospital Provincial deixen de ser "unha lotería"
Por María José Pita |
-
Ruth Abonjo logra ter un "parto xemelar respectado" no Hospital Provincial tras unha longa loita
Por María José Pita |
-
A Plataforma Loita convoca unha xuntanza con familias que viron vulnerados os dereitos dos seus fillos polo Sergas
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
"Para que nos serve un plan de parto que non se vai respectar?", a denuncia de tres nais fronte ao sistema
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Nace unha plataforma cidadá para que ningún menor estea só durante os tratamentos médicos
Por María José Pita & Mónica Patxot |