O Concello ve "escandaloso" o novo proxecto de ENCE: "O edificio máis alto de Pontevedra construirase diante da ría"
Por Alejandro Espiño
Para o goberno municipal, a modificación do plan sectorial que Ence expuxo para o seu complexo industrial en Lourizán é "insólito" e "escandaloso". Así o denunciou este xoves a tenente de alcalde, Eva Vilaverde, que censurou o respaldo da Xunta a este proxecto