O encoro de Pontillón do Castro acollerá en abril os 'Trials olímpicos' de piragüismo
Por Diego Espiño
O piragüismo pontevedrés contará cunha baza extra para pechar o seu pase aos Xogos Olímpicos de París, e é que xogará na casa.
A Real Federación Española de Piragüismo escolleu o encoro de Pontillón do Castro, en Verducido, como sede do control selectivo no que se poderán referendar as prazas para París 2024, os bautizados como 'Trials olímpicos'.
O selectivo celebrarase do 10 ao 13 de abril, coincidindo coa primeira Copa de España Sprint da tempada.
No control a armada pontevedresa partirá con varias representantes en situación de confirmar o seu billete olímpico. Así será por exemplo no caso de Antía Jácome, que xunto á madrileña María Corbera conseguiu no último Mundial para España praza para os Xogos no C-2 500, ademais de en o C-1 200 metros. Na mesma situación están Teresa Portela e Carolina García co K-4 500 metros.
En ambos os dous casos vencer no selectivo referenda a súa clasificación para París, e de verse superadas por outra tripulación terían que competir con ela na Copa do Mundo de Szeged (10-12 de maio).
Pola contra outros padexeiros da comarca como Adrián Sieiro e Manuel Fontán traballan para dar batalla polo billete olímpico no C-2 500 aos sevillanos Cayetano García e Pablo Martínez, que no verán lograron a praza para España. Para iso deberán superalos no selectivo de Verducido e despois en Hungría.
Pablo Crespo, Martín Jácome ou Diego Domínguez soñan tamén con chegar a París no C-1.000 metros, barco aínda non clasificado e que na súa folla de ruta ten o clasificatorio continental do mes de maio previsto tamén en Hungría.
Relacionadas:
-
Antía Jácome gaña o C-1 200 do Selectivo e fará dobrete nos Xogos Olímpicos de París
Por Diego Espiño |
-
Pablo Crespo vence no Selectivo de Verducido e gaña o dereito para soñar con París 2024
Por Diego Espiño |
-
Sétimos Xogos para Teresa Portela e primeiros de Carolina García: "Isto só é o principio do que vén"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
"Imos a por todas", asegura Antía Jácome tras a súa clasificación para os Xogos Olímpicos de París
Por Diego Espiño |
-
A París! Antía Jácome, Teresa Portela e Carolina García logran en Verducido o billete aos Xogos
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Piragüismo Verducido e Fluvial de Lugo, vencedores da Copa Galega Sprint no Pontillón
Por Redacción |
-
A canoa pontevedresa, potencia nacional
Por Diego Espiño |
-
Aprobada a designación a Pontevedra de tres grandes eventos nacionais de piragüismo para 2024
Por Diego Espiño |
-
Fin de semana de premios para Antía Jácome: "Imos a por todas en París"
Por Diego Espiño |
-
Terceira prata mundialista para Antía Jácome e praza para París no C2 500 con María Corbera
Por Almu Dapena |
-
Manuel Fontán e Pablo Graña, a nova esperanza olímpica pontevedresa
Por Manu Otero & Mónica Patxot |